Viaxe
O Concello de Cervo organiza unha viaxe para asistir a unha representación do Centro Dramático Galego en Santiago o día 17 de xaneiro, venres. Esta actividade forma parte da iniciativa Sobes ao autobús do teatro? Programa de mobilidade do Centro Dramático Galego.
O autobús sairá da Casa do Mar de San Ciprián ás 14:00 horas, a función será ás 18:00 e a hora prevista para a saída desde Santiago é ás 20:00. O prezo da entrada é de 5 euros.
O Concello de Cervo anuncia: “lembrade que tedes que anotarvos para ir e podedes facelo chamando á Casa da Cultura (teléfono 982.59.51.57)”.
O Concello de Barreiros, xunto coas ANPAS dos CEIPs de San Cosme e de San Miguel, organizan unha viaxe a XuvenLugo para o venres 27 de decembro, dirixida a nenas e nenos do concello. A excursión inclúe a entrada e a viaxe de balde.
As persoas interesadas en anotar ás súas crianzas na viaxe, teñen para formalizar a inscrición ata o xoves 26 de decembro nas oficinas xerais do Concello.
O Concello de Barreiros explica que “XuvenLugo é un espazo de ocio infantil e xuvenil situado dentro do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. É un gran espazo cheo de atraccións, inchables, xogos, animacións e deportes para pasar unha tarde moi divertida”.
A saída do autobús será ás 15:00 horas desde diante da Casa do Concello de Barreiros.
O Concello de Trabada pon en marcha un programa de viaxes para a veciñanza cunha excursión ás termas de Outariz e Allariz. “Queremos que os veciños e veciñas coñezan mellor Galicia da man do Concello”, explica o alcalde, Rubén García. A primeira excursión de ‘Viaxa co Concello de Trabada’, para veciños e veciñas a partir de 50 anos, será ás termas de Outariz e Allariz o sábado 23 de novembro. Cun prezo de 30 euros, inclúe o desprazamento en autobús, entrada ás termas de Outariz, comida en Allariz e entrada ao museo de coiro.
“O que queremos é ampliar a oferta de actividades e lecer para a veciñanza, neste caso con saídas organizadas polo concello e a prezos moi asequibles para coñecer Galicia de forma conxunta e pasar unha boa xornada”, asegura o alcalde, Rubén García.
O número de prazas para a primeira saída é...
leer másO Concello de Alfoz anuncia que “o domingo 6 de outubro chega a Alfoz o autobús do teatro, sobes? É unha actividade dentro do programa de mobilidade do Centro Dramático Galego, que está a celebrar o seu 40° Aniversario. Este autobús sairá da Casa do Concello de Alfoz ás 14:15 horas e levaranos ata Santiago de Compostela para desfrutar da obra "Terceiro acto", unha produción do Centro Dramático Galego. Entón, sobes ao autobús do teatro?”.
A representación será ás 18:00 horas. A viaxe en autobús é gratuíta e o prezo da entrada ao teatro é de 5 euros.
As prazas limitadas e as inscricións pode facerse a través do teléfono 982.55.80.01 ou na Casa do Concello de Alfoz.
A Agrupación Cultural Francisco Lanza vai facer unha viaxe cultural a Padrón e Compostela con visitas guiadas. Será o 5 de outubro.
O prezo da actividade é de 75 euros. Desde a organización explican que “como mínimo debe haber 25 inscritos/as”.
As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou un whatsapp ao número 699809606. O prazo está aberto ata o 25 de setembro.
A viaxe contempla unha á Casa da Matanza, Casa Museo de Rosalía; xantar no restaurante Raxoi; visita ao museo catedralicio da Catedral, así como ao Pórtico da Gloria e ás cubertas.
Os establecementos asociados a Acisa repartirán 160.000 rifas entre o 21 de xuño e o 14 de xullo, xornada na que terá lugar o sorteo da viaxe a Cuba no marco do Ribadeo Indiano 2024. Será tras o remate do concerto que Vicente García ofrecerá na rúa San Roque.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, manifestou: “dende Acisa quixemos poñer os máximos recursos posibles a disposición dos nosos socios e socias para contribuír a facer o mellor Ribadeo Indiano posible e deste xeito dinamizar a economía local. E por iso neste 2024 volve o sorteo dunha viaxe para dúas persoas a Cuba. Somos conscientes do éxito que tivo esta iniciativa De Ribadeo a Cuba nas edicións pasadas e consideramos que non podía faltar este ano. Será a cuarta vez que desde o Ribadeo Indiano enviemos ás Américas a unha parella no mes de setembro. Dende Acisa estamos a...
leer másMariña Patrimonio está a organizar unha viaxe ao Courel para coñecer parte do seu patrimonio. A actividade, que conta coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo, terá lugar o sábado 25 de maio.
A organización explica que “en xornada de mañá está previsto visitar o Val das Mouras, o Castro da Torre e a aldea de Seceda. Tras unha pausa para xantar en Folgoso, o grupo acercarase a ver Montefurado e o pregamento xeolóxico de Campodola, antes de voltar para á Mariña. Durante toda a xornada o arqueólogo Iván Ávarez Merayo fará de guía nesta visita ao patrimonio do Courel.
As persoas interesadas en participar nesta viaxe poden contactar con Mariña Patrimonio a través do seu correo (mr.patrimonio@gmail.com) para obter a información sobre as...
leer másPara o domingo 28 de abril a asociación de veciños e veciñas de San Pedro de Mor (Alfoz) organiza unha excursión a Meira, Castro de Rei e Friol.
A organización explica que esta actividade “está aberta a todo o mundo. Sairase dende Alfoz en autobús, facendo a primeira parada na popular feira de Meira. A continuación visitarase o Museo e Castro de Viladonga, en Castro de Rei, catalogado como Ben de Interese Cultural. A comida será no restaurante Río Lea, en Castro Ribeiras de Lea. Xa pola tarde haberá unha visita guiada á Fortaleza de San Paio de Narla, en Friol”.
Dende a asociación animan a anotarse “para gozar dunha agradable xornada visitando algún dos lugares máis salientables da nosa provincia”.
O prezo da excursión é 25 euros para os socios, 35 euros para os non socios e 15 euros para os nen@s...
leer másMónica Arias González, veciña de Serantes (Asturias), foi a gañadora dunha das viaxes que Acisa sorteou na súa campaña de San Valentín. A afortunada recibiu o seu premio esta mañá.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, indicou que “Mónica Arias González, de Serantes, foi a gañadora dunha das dúas viaxes que sorteabamos con motivo da campaña de San Valentín. Mónica puido gañar o premio grazas a unha compra realizada en For Friends, onde recibiu a rifa co número 4.548”.
E sinalou que “a agraciada pode desfrutar deste premio tan especial dende hoxe. Mónica Arias poderá escoller entre 5.100 destinos para pasar dúas noites con almorzo para dúas persoas”.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, explicou que “a outra viaxe que correspondía á rifa 1.665, entregada en Miss-Tic, non foi reclamada polo...
leer másNo CIM está aberta a inscrición para Viaxar en Igualdade o vindeiro 8 de marzo ao Balneario Termas de Cuntis. A actividade foi presentada pola concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo.
A edil ribadense contou que “a Concellería de Benestar Social e a Concellería de Igualdade axuntamos esforzos para ofrecer a experiencia Viaxar en Igualdade, unha visita ás termas de Cuntis. Incluirá almorzo, entrada ao balneario, charla informativa sobre os beneficios dos balnearios e comida. Será o 8 de marzo e sairase da estación de autobuses ás 7 menos cuarto da mañá”.
Sanjurjo subliñou que “para apuntarse hai que chamar ao 982.120.808 ou dirixirse ao CIM, no auditorio, antes do 5 de marzo, xa que as prazas son limitadas”.