A asociación veciñal de Mor (Alfoz) organiza unha excursión a Meira, Castro de Rei e Friol o 28 de abril

Para o domingo 28 de abril a asociación de veciños e veciñas de San Pedro de Mor (Alfoz) organiza unha excursión a Meira, Castro de Rei e Friol.

A organización explica que esta actividade “está aberta a todo o mundo. Sairase dende Alfoz en autobús, facendo a primeira parada na popular feira de Meira. A continuación visitarase o Museo e Castro de Viladonga, en Castro de Rei, catalogado como Ben de Interese Cultural. A comida será no restaurante Río Lea, en Castro Ribeiras de Lea. Xa pola tarde haberá unha visita guiada á Fortaleza de San Paio de Narla, en Friol”.
 
Dende a asociación animan a anotarse “para gozar dunha agradable xornada visitando algún dos lugares máis salientables da nosa provincia”. 

O prezo da excursión é 25 euros para os socios, 35 euros para os non socios e 15 euros para os nen@s ata os 12 anos. Inclúe a viaxe en autobús, a comida e todas as visitas. 

As prazas son limitadas con data límite para anotarse o luns 23 de abril. As persoas interesadas poden poñerse en contacto no teléfono 657.10.95.92 (María José).