O Concello de Barreiros organiza unha viaxe a XuvenLugo para a cativada o 27 de decembro

O Concello de Barreiros, xunto coas ANPAS dos CEIPs de San Cosme e de San Miguel, organizan unha viaxe a XuvenLugo para o venres 27 de decembro, dirixida a nenas e nenos do concello. A excursión inclúe a entrada e a viaxe de balde.

As persoas interesadas en anotar ás súas crianzas na viaxe, teñen para formalizar a inscrición ata o xoves 26 de decembro nas oficinas xerais do Concello.

O Concello de Barreiros explica que “XuvenLugo é un espazo de ocio infantil e xuvenil situado dentro do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. É un gran espazo cheo de atraccións, inchables, xogos, animacións e deportes para pasar unha tarde moi divertida”.

A saída do autobús será ás 15:00 horas desde diante da Casa do Concello de Barreiros.