Viaxe
A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión aos mercados portugueses de Vila Nova de Cerveira e Valença do Minho. Será este sábado, día 23.
Hai dúas opcións para participar: unha inclúe o desprazamento en autocar, o almorzo e o seguro de asistencia, cun prezo de 30 euros; e a outra, ademais do anterior, inclúe a comida e o prezo total é de 40 euros.
Para a reserva de prazas desta excursión hai que dirixirse a axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou ben chamar aos teléfonos 676.44.54.65 ou 982.87.74.70.
A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión para visitar os vales do Jerte e do Tormes os días 6 e 7 de abril.
A actividade inclúe a viaxe en autocar, guía acompañante, excursións para ver impresionante estampa dos cereixos en flor e localidades como El Barco de Ávila, Candelario, Béjar e outros lugares de interese da zona, comidas e aloxamento en hotel de 4 estrelas. O prezo é de 135 euros por persoa en habitación dobre, co seguro de viaxe incluído.
Para a reserva de prazas desta excursión hai que dirixirse á axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou ben chamar ao teléfono 676.44.54.65.
O Concello de Barreiros organiza unha excursión a Lalín. Será o vindeiro 6 de abril (sábado).
A viaxe inclúe visitas á Casa do Patrón, á Sala de Arqueoloxía do Castro de Doade, á Casa Castrexa, ao Castro de Doade, ao Pazo de Liñares e ao Museo Galego da Marioneta. Ademais os asistentes degustarán o tradicional cocido de Lalín nun restaurante da localidade.
As persoas interesadas poden facer a súa inscrición ata o día 29 deste mes de marzo na Oficina de Turismo. O prezo é 25 euros por persoa.
As axencias de Eroski Viaxes en Burela e Ribadeo organizan unha viaxe en grupo a Croacia desde A Mariña para a Semana Santa, concretamente do 18 ao 21 de abril. O número de prazas é limitado a 35 persoas polo que os interesados deben reservar canto antes.
O xerente de Eroski Viaxes en Burela e Ribadeo, Pedro Fraga, explica que “o día 18 de abril temos unha saída desde A Mariña, en autobús ao aeroporto de Asturias, para facer unha viaxe a Croacia, concretamente a Dubrovnik. É un vo directo de pouco máis de tres horas”.
Pedro Fraga engade que “imos estar desde o 18 ata o 21 de abril pasando eses días da Semana Santa en Dubrovnik. Ofrecemos un paquete que vale 920 euros e que inclúe o autobús desde A Mariña, para que o cliente non se teña que preocupar de nada máis, a estancia de catro días nun hotel de catro...
leer másA axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión a Astorga e para comer un típico cocido maragato na localidade de Castrillo de los Polvazares. Será o día 25 deste mes, domingo.
A actividade inclúe a viaxe en autocar, o almorzo en ruta, o percorrido en Astorga para visitar lugares como a catedral, o pazo episcopal ou o centro histórico da cidade. Despois os participantes na excursión irán comer o típico cocido maragato a Castrillo de los Polvazares, localidade que visitarán despois. O prezo é de 45 euros por persoa, co seguro de viaxe incluído.
Para a reserva de prazas desta excursión hai que dirixirse á axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou ben chamar aos teléfonos 676.44.54...
leer másA axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión ás feiras e festas de As San Lucas, en Mondoñedo. Será este xoves, día 18 de outubro, que é o día grande dos festexos.
A actividade inclúe a viaxe en autocar por 6 euros, 3 pola ida e outros tantos pola volta. A saída esta programada para as 10:00 horas desde a estación de autobuses de Ribadeo e fará paradas para recoller participantes en Vilaframil, A Devesa, Santiago de Reinante, San Miguel de Reinante, San Pedro de Benquerencia, San Cosme de Barreiros, Celeiro de Mariñaos, Vilamar e Lourenzá. A volta desde Mondoñedo está prevista para as 18:00 horas.
Para máis información os interesados deben dirixirse á axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-...
leer másA axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión á Festa do Marisco de O Grove con visita á Illa de A Toxa. Será o día 6 de outubro, sábado.
A actividade inclúe a viaxe en autocar, o almorzo e o seguro de viaxe obrigatorio. O prezo é de 30 euros por persoa.
Para a reserva de prazas desta excursión hai que dirixirse á axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou ben chamar aos teléfonos 676.44.54.65 ou 982.87.74.70.
A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión a Padrón e Ribeira. Será día 16 deste mes, domingo.
A actividade inclúe a viaxe en autocar, o almorzo, a comida e o seguro de viaxe obrigatorio. Os participantes visitarán o mercado de Padrón, despois comerán e pola tarde farán un percorrido por Ribeira. O prezo é de 35 euros por persoa.
Para a reserva de prazas desta excursión hai que dirixirse a axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou ben chamar aos teléfonos 676.44.54.65 ou 982.87.74.70.
As Concellerías de Medio Ambiente e de Turismo organizan unha viaxe á Festa da Virxe da Barca en Muxía. Será o 9 de setembro e sairán dous autobuses, o primeiro ás 6:30 horas da praza do Concello cos peregrinos que están a realizar o Camiño de Santiago por etapas nese treito. O outro autocar partirá ás 8:00 horas coas persoas que queiran asistir á misa e á Festa da Virxe da Barca. En Muxía xuntaranse as dúas expedicións e compartirán un xantar a base de arroz á mariñeira, caldeirada de pescada, lacón asado, doces e café. O prezo por persoa é de 17 euros. Das 110 prazas ofertadas hai aínda 40 libres e a inscrición segue aberta. As persoas interesadas poden anotarse nos teléfonos 618 752 560 e 676 445 465.
O concelleiro de Medio Ambiente, José Manuel Gómez Puente, explicou que “é unha iniciativa da Delegación de Medio Ambiente e tamén da...
leer más