Veciñanza
O programa Viaxa co Concello de Trabada promove o turismo cultural cunha nova viaxe organizada para os próximos días 29 e 30 de marzo. A actividade está destinada aos veciños e veciñas empadroados no municipio maiores de idade e ofrece unha oportunidade excepcional para descubrir importantes enclaves patrimoniais e culturais.
O prezo da viaxe é de 165€ por persoa e inclúe visitas guiadas ao Palacio de Gaudí en Astorga, ó museo e á Catedral de Astorga, As Médulas e o Castelo dos Templarios de Ponferrada. Ademais, están cubertos os gastos de comidas e cea, con aloxamento nun hotel de 4 estrelas en León e seguro de viaxe.
Segundo o alcalde de Trabada, Rubén García, "o obxectivo desta proposta é facilitarlle á veciñanza a posibilidade de coñecer diferentes lugares do noso país con tódalas comodidades e cunha...
leer másPara o domingo 28 de abril a asociación de veciños e veciñas de San Pedro de Mor (Alfoz) organiza unha excursión a Meira, Castro de Rei e Friol.
A organización explica que esta actividade “está aberta a todo o mundo. Sairase dende Alfoz en autobús, facendo a primeira parada na popular feira de Meira. A continuación visitarase o Museo e Castro de Viladonga, en Castro de Rei, catalogado como Ben de Interese Cultural. A comida será no restaurante Río Lea, en Castro Ribeiras de Lea. Xa pola tarde haberá unha visita guiada á Fortaleza de San Paio de Narla, en Friol”.
Dende a asociación animan a anotarse “para gozar dunha agradable xornada visitando algún dos lugares máis salientables da nosa provincia”.
O prezo da excursión é 25 euros para os socios, 35 euros para os non socios e 15 euros para os nen@s...
leer másAlfoz celebrará a primeira edición do Día da Veciñanza o 12 de maio, domingo. Está organizado por asociacións parroquiais do municipio e pola Asociación Cultural e Xuvenil O Castelo.
Será no pavillón polideportivo e as actividades comezarán ás 13:00 horas cunha sesión vermú, haberá comida a partir das 14:00 horas e despois baile e sorteos. A música correrá a cargo do dúo Explosión.
Para asistir a este evento hai que mercar os tickets, que estarán á venda ata o 6 de maio.
Os organizadores anuncian que será “un día para compartir un bo momento con amigos e veciños”.
O 29 de xullo terá lugar a quinta comida anual dos veciños da Regueira.
Os residentes e aquelas persoas que nalgún momento viviron nas rúas Deputación e San Lázaro, na zona coñecida popularmente como A Regueira, están organizando a súa quinta comida anual, que terá lugar o vindeiro 29 de xullo no restaurante Voar ás 14:30 horas.
O prezo da comida é de 40 euros. As tarxetas para participar neste encontro veciñal poden adquirirse na tenda de Sargadelos, de Ribadeo, que está situada na rúa Reinante, ata o 26 de xullo.
As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse a Mª Carmen Pillado (600 277 791), Paco Roibás (639 136 601) e Manolo Álvarez (649 979 036).
O Concello de Cervo felicita un ano máis estas Festas á veciñanza co tradicional calendario de Nadal.
En total editáronse 2.200 exemplares que o equipo de goberno xa está a repartir estes día fogar por fogar, polas distintas parroquias do municipio.
Como é tradición, a veciñanza é a protagonista indiscutible deste almanaque, que conta cun deseño moi especial no que cada mes vén ilustrado cunha fotografía de xuntanzas de amigos, familias e asociacións, festas populares e recordos de escolas e clubs deportivos que tiveron lugar entre os anos 1981 e 1997; e que, de seguro, lles van traer moitos recordos aos protagonistas.
Ademais, resulta unha ferramenta moi útil para os veciños, que contan cunha lista de festividades e días importantes que se conmemoran e celebran a nivel nacional, unha...
leer más