Viaxe
O Concello de Ourol organiza o vindeiro 3 de setembro unha excursión que pasará por Pontemaceira, pola Cascada do Ézaro e finalmente chegará ao Faro de Fisterra.
Sairase as 7:30 horas de diante do Concello. A excursión é gratuíta e está destinada ás persoas empadroadas en Ourol. Non ten límite de idade, pero os menores deberán ir acompañados dun adulto.
O número de prazas está limitado a 51, que se cubrirán por orde de inscrición. As persoas interesadas en anotarse teñen ata o 30 de agosto e poden facelo nos teléfonos 982 559 109 ou 677 489 457 (Servizos Sociais).
Concello e Acisa fan un balance moi positivo do VII Ribadeo Indiano, que concluía onte co concerto da mexicana Lila Downs, que reuniu na rúa San Roque a máis de 15.000 persoas, e co sorteo da viaxe a Cuba para dúas persoas. A afortunada foi a ribadense Begoña Sobrino Gijón. Segundo os datos que manexa a organización máis de 80.000 persoas se deron cita do venres ao domingo no Ribadeo Indiano, que xerou un volume de negocio de máis de 3,5 millóns de euros.
O concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, manifestou: “dende o Concello de Ribadeo facemos un balance moi positivo desta edición do Ribadeo Indiano de 2022 porque no broche de ouro, no colofón deste evento, no concerto de Lila Downs podemos afirmar que ao mesmo tranquilamente asistiron unas 15.000 persoas. Había moita afluencia na Rúa de San Roque, que ademais desta vez estivo totalmente...
leer másOs locais asociados a Acisa Ribadeo reparten estes días 100.000 rifas entre os seus clientes para participar no sorteo dunha viaxe a Cuba para dás persoas. O nome da persoa afortunada coñecerase o vindeiro domingo, 10 de xullo, despois do concerto do artista mexicana Lila Downs. Con esa dobre cita no barrio de San Roque concluirá o Ribadeo Indiano 2022.
O xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, Jesús Pérez, dixo: “somos conscientes do éxito que tivo esta iniciativa na edición do 2019 e por iso non podía faltar este ano”.
Desde a organización do Ribadeo Indiano, Concello e Acisa, lembran que “a viaxe que se sortea é para dúas persoas e será para desfrutar do 2 ao 10 de setembro”.
Pérez Prada subliñou que “participar no sorteo é moi sinxelo. As rifas...
leer másOs establecementos asociados a Acisa repartirán 100.000 rifas que se porán en circulación dende mañá, 24 de xuño, ata o 10 de xullo, xornada na que terá lugar o sorteo da viaxe a Cuba no marco do Ribadeo Indiano.
Segundo indicou Jesús Pérez, xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, “dende Acisa quixemos poñer os máximos recursos posibles a disposición dos nosos socios e socias, para contribuír a facer o mellor Ribadeo Indiano e deste xeito fomentar tamén a economía local, tanto no comercio, coma na hostalaría e nos servizos, por iso nesta nova edición repetimos o sorteo dunha viaxe para dúas persoas a Cuba. Somos conscientes do éxito que tivo esta iniciativa na edición do ano 2019 e por iso nos podía faltar este ano. Dende Acisa estamos a traballar en premiar e fidelizar as compras na nosa vila nunha época...
leer másSeis asociacións da provincia de Lugo percorren esta semana a provincia grazas ao programa da Deputación de Lugo Coñece a túa provincia. Unhas 120 persoas da Pastoriza, Lugo e Riotorto, cada un dos seis grupos co seu itinerario, descubrirán os municipios de Taboada, Chantada, Quiroga, Cervo e O Inicio.
Este mércores a asociación veciñal Campo do Cruceiro de Santa Catalina de Pousada, da Pastoriza, arrancará a ruta no Pazo de San Marcos. Logo desprazaranse ata os municipios de Taboada e Chantada para coñecer a igrexa de Taboada dos Freires, a área recreativa Ponte Mourulle, o casco histórico de Chantada, o convento de San Salvador de Asma e o paseo fluvial, ademais de facer unha parada nunha adega.
Neste día tamén se despraza pola provincia a asociación de familiares e enfermos de alzheimer e outras demencias de...
leer másA Concellaría de Igualdade organiza unha viaxe ao balneario Forus, de Xixón, o vindeiro 29 de maio. Forma parte das actividades de lecer para as mulleres que este departamento retoma despois da pandemia do covid. O Concello costea un autobús con 50 prazas e as asistentes aboarán 18 euros por acceder ao balneario. O prazo de inscrición ábrese mañá, 12 de maio, e rematará o 25.
A edil Mariluz Álvarez Lastra dixo que “coa chegada da pandemia, os últimos anos, esta iniciativa non se puido levar a cabo. Con todo, agora recuperamos esta actividade dirixida exclusivamente a mulleres adultas. As interesadas poderán anotarse enviando un correo ao CIM: cim@ribadeo.org ou chamando ao telefono 982 120 739. Temos 50 prazas dispoñibles”.
A concelleira de Igualdade sinalou que “con esta...
leer másAbril é o mes elixido para recuperar a tradicional viaxe anual da asociación Nordés Faladora. Os organizadores explican que “este ano seguindo a costa cantábrica chegaremos ata Asturias, atracando nos portos onde os vínculos, como a fala, perduran: Rinlo, Tapia de Casariego, a Ortigueira asturiana ou Viavélez. Será o sábado 23 de abril, da man de Bernardo Penabade e diferentes activistas e historiadoras do ámbito local”.
E engaden que “o traxecto realizarase en autobús, seguindo as medidas da covid-19, e por iso as prazas son limitadas. É necesario inscribirse en asociacion.nordes@gmail.com ou chamando ao 653756454 (Ricardo)”.
A saída está programada para ás 08:00 horas desde o Barqueiro, pero tamén haberá máis paradas. Esta viaxe, que durará todo o día, ten un...
leer másA asociación Os Sendeiros de Foz organiza unha viaxe á Alberca por terras salmantinas, que terá lugar do 14 ao 17 de maio.
A saída será o sábado 14 ás 6:00 horas de Foz e ás 6:15 horas de Ferreira.
As persoas interesadas en participar poden anotarse ata o día 6 de marzo, nos teléfonos 606 718 482 e 670 369 017 ou en ossendeiros@yahoo.es. Os prezos son: 276 euros para os socios federados; 286 euros para os socios non federados e 291 euros para os socios temporais. Inclúe pensión complete en habitación dobre.
As rutas teñen un nivel de dificultade medio e o guía da viaxe será Santos Cordovilla, con quen se visitarán cinco conxuntos históricos como San Martín del Castañar e Mogarraz e de regreso visitarase o Canal de Castilla, obra de enxeñería do...
leer másPastelería Cafetería Anduriña, de Foz sortea un fin de semana de turismo rural entre los clientes que compren sus productos navideños hasta el 31 de diciembre.
Todos los tickets de Pastelería Anduriña que incluyan algún dulce navideño (turrones, panettones, mazapanes, polvorones, trufas, etcétera) entrarán en el sorteo de una estancia de un fin de semana para dos personas, con cenas y desayunos, en Casa Castiñeira, de Muxía.
El sorteo se realizará el 4 de enero de 2021 en Radio Foz.
A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión a Cádiz, Jerez e outras localidades que están na zona coñecida como Ruta de los Pueblos Blancos, concretamente Ubrique, Prado del Rey, Grazalema e Arcos de la Frontera. Será do 19 ao 22 de marzo.
A actividade inclúe o desprazamento en autocar con seguro de viaxe, excursións con guía oficial durante todo o percorrido, pensión completa, aloxamento en hotel de 3 estrelas con bufet libre, asistencia a un espectáculo ecuestre, visita con degustación a unha bodega e ao museo Jesulín de Ubrique. O prezo é de 265 euros por persoa en habitación dobre.
Para a reserva de prazas nesta excursión, que son limitadas, hai que dirixirse á axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San...
leer más