Noites
O skatepark do Concello de Ribadeo acollerá do 16 de agosto ao 15 de setembro Noites de Skate. A actividade está organizada por Aloha Natura Escola de Skate da Mariña.
As sesións están dirixidas ao público en xeral, xoves e adultos, que teñen inquietude pola práctica do skateboarding por primeira vez ou que desexen mellorar as súas habilidades.
Os venres e os sábados haberá dúas clases de hora e media de duración, cada unha. Serán en horario de 19:30 a 21:00 horas e de 21:00 a 22:30 horas.
Cada clase de skate semanal terá un custe de 10 euros. Para os participantes que empreguen o seu propio skateboard de alta calidade e as súas propias proteccións a tarifa será de 7 euros.
As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ao 622 567 808 ou ao...
leer másVolven a Ribadeo as Noites Abertas. Os días 4, 5 e 6 de agosto 24 establecementos asociados a Acisa Ribadeo abriran ata as 21:00 horas ofrecendo promocións especiais. Ademais a música animará as rúas da vila.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, dixo que “este ano volven as Noites Abertas de Ribadeo, que levaban un tempo sen facerse. Trátase dunha actividade que soe gustar e dar moito xogo, polo que dende Acisa quixemos recuperala, xa que se hai día de praia a xente ten a oportunidade de mercar ata algo mais tarde do habitual”.
Pérez Prada contou que “este ano a campaña consiste en abrir as tendas ata as 21:00 horas o 4, o 5 e o 6 de agosto, ofrecendo descontos e promocións especiais. Todo elo acompañado de musica. O xoves á tarde noite haberá pasarrúas a cargo da Batukada de A Choca, o venres a partires das 21:00...
leer másO vindeiro luns, 22 de xullo, comezan as Noites 2019, que organiza o Concello de Foz, cunha actividade que o ano pasado tivo un gran éxito, o Wipe Out. Equipos clasificados por idades competirán en probas como a pista americana, gladiadores, superbarredora,… sen dúbida, as noites do luns e do martes estarán cheas de risa no Campo da Cabana.
Do 5 ao 7 de agosto a protagonista será a área da Rapadoira, co fútbol praia e nas seguintes semanas volverá a actividade de novo ao Campo da Cabana para disputar o fútbol sala e o baloncesto, que compartirán horario con kickboxing e defensa persoal.
Por primeira vez nas Noites haberá dúas actividades á vez. A organización agradece a colaboración co club Foz ContactAri, xa que os días 12, 13 e 14 de agosto poderase descubrir o kickboxing á vez que se disputa o fútbol sala. ...
leer másO Concello de Cervo presenta unha nova edición das Noites Alternativas que comezarán o vindeiro martes, 2 de xullo. Esta mañá os concelleiros David Rodríguez e Dolores García Caramés fixéronlle entrega dos dípticos informativos aos rapaces e rapazas do instituto.
O volei praia, na praia do Torno, será a actividade que inaugure unha completa axenda lúdico-deportiva que se desenvolverá ao longo dos meses de xullo e agosto en direrentes ubicacións de Cervo e San Ciprián; a partir das 22:00 horas o primeiro día de cada actividade. O resto de xornadas poderán variar os horarios en función dos grupos participantes.
As inscricións, abertas a todos o mozos do Concello, pero tamén a todos aqueles visitantes e veciños da contorna que desexen participar, deberanse facer o primeiro día de cada actividade, entre as 20:30 e as...
leer másO vindeiro luns, día 9, comezan as actividades nocturnas ao aire libre para rapaces maiores de 10 anos organizadas polo Concello de Foz, a través da Delegación de Xuventude e Deportes, que dirixe a concelleira Mercedes González Alonso. Nesta edición incorporan como novidade unha proba con obstáculos chamada wipeout.
Desde a organización de As Noites anunciaron hoxe que “este ano ademais dos exitosos torneos de fútbol praia, volei praia, fútbol sala e baloncesto, que reúnen a mozos e mozas de Foz e doutros lugares da comarca, incorporamos wipeout (estilo humor amarillo, con obstáculos por equipos), que seguro que fai as delicias de todos. Comezamos o luns 9 de xullo na praia da Rapadoira, con fútbol praia para as categorías sub 12, sub 15 e sub 17. Para inscribirse os mozos e mozas tan só deberán acudir ao inicio de cada un dos torneos. E...
leer másO alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e os edís de Deportes e Educación, José Ramón Soto e Dolores García Caramés, presentaron unha nova edición das Noites Alternativas que comezarán o vindeiro martes, 3 de xullo.
A Noite de Orientación, na Praza dos Campos, será a actividade que inaugure unha completa axenda lúdico-deportiva que se desenvolverá ao longo dos meses de xullo e agosto en direrentes ubicacións de Cervo e San Ciprián; a partir das 22:00 horas o primeiro día de cada actividade. O resto de xornadas poderán variar os horarios en función dos grupos participantes.
As inscricións, abertas a todos o mozos do Concello, pero tamén a todos aqueles visitantes e veciños da contorna que desexen participar, deberanse facer o primeiro día de cada actividade, entre as 20:30 e as 21:30 horas.
... leer másNova cita coas Noites Cálidas, que organiza Acisa Ribadeo. A terceira será este xoves, 10 de agosto, xornada na que os 40 locais participantes abrirán as súas portas ata as 22 horas e ofrecerán diferentes descontos e promocións á súa clientela.
Desde a directiva de Acisa amósanse satisfeitos “coa acollida que están a ter as nosas Noites Cálidas, nas que a música axudou moito a ambientar as rúas de Ribadeo nestas tardes de verán. Estamos moi contentos coa resposta dos clientes e do público tanto o 28 de xullo como o pasado xoves, coa xa tradicional Noite Flúor, e agardamos repertir este xoves, 10 de agosto”. Ese día a partir das 21 horas actuarán os grupos The Keng Song na rúa Rodríguez Murias e Nashville na rúa Reinante.
Os locais participantes nas Noites Cálidas de Acisa son: Opticalia Ribadeo, Centro Auditivo...
leer másChegan as Noites Cálidas que organiza Acisa Ribadeo e que se desenvolverán os días 28 de xullo e 3 e 10 de agosto. O obxectivo desta campaña pasa por “potenciar as vendas durante o verán nos establecementos asociados, grazas á creación de eventos musicais que animen á xente a vir a Ribadeo. Tamén haberá actividades para os máis pequenos e as tendas terán un horario especial para atender á súa clientela”.
Son arredor de 40 os comercios participantes que abrirán as súas portas ata as dez da noite “para captar aos clientes que volven da praia ou a aqueles que saen de bares á tardiña. Eses tres días haberá ofertas, descontos e promocións especiais e para ambientar estas Noites Cálidas contaremos con diferentes grupos de música, actividades infantís e coa tradicional noite flúor”, segundo explica David Martínez, presidente da Asociación de...
leer másO Concello de Xove organiza as Noites Alternativas que desenvolve durante os meses de xullo e agosto. Son actividades financiadas polo Concello e totalmente gratuítas.
No mes de xullo hai fútbol sala, os días 11,12 e 13, na praza do Centro Cívico; os días 18, 19 e 20, baloncesto tamén na praza do Centro Cívico; e os días 24, 26 e 27, volei praia, na praia de Esteiro.
No mes de agosto está programado fútbol praia, os días 1, 2 e 3, na praia de Esteiro; patinaxe, o día 8 na praza do Centro Cívico; kayak, o día 9 na praia de Morás; e Orientación, o día 10 na praza do Centro Cívico.
O horario das Noites Alternativas de Xove vai das 22:00 á 1:30 horas. A idade para participar nelas é a partir dos 8 anos (categorías infantís e adultos), e os/as interesad@s poden anotarse no lugar de celebración...
leer más