Mariña Patrimonio organiza unha viaxe ao Courel para o 25 de maio

Mariña Patrimonio está a organizar unha viaxe ao Courel para coñecer parte do seu patrimonio. A actividade, que conta coa colaboración da Área de Cultura da Deputación de Lugo, terá lugar o sábado 25 de maio.

A organización explica que “en xornada de mañá está previsto visitar o Val das Mouras, o Castro da Torre e a aldea de Seceda. Tras unha pausa para xantar en Folgoso, o grupo acercarase a ver Montefurado e o pregamento xeolóxico de Campodola, antes de voltar para á Mariña. Durante toda a xornada o arqueólogo Iván Ávarez Merayo fará de guía nesta visita ao patrimonio do Courel.

As persoas interesadas en participar nesta viaxe poden contactar con Mariña Patrimonio a través do seu correo (mr.patrimonio@gmail.com) para obter a información sobre as condicións e o custe da actividade.