Viaxe
O Concello de Barreiros organiza unha viaxe para o vindeiro mércores, 3 de xaneiro, a XuvenLugo dirixida a nenas e nenos de Barreiros.
A excursión inclúe a entrada e a viaxe de balde.
As persoas interesadas en anotar ás súas crianzas na viaxe, teñen para formalizar a inscrición ata o día 2 de xaneiro nas oficinas xerais do concello.
Terán prioridade o alumnado do CEIPS do municipio e a cativada instrita nas escolas deportivas de Barreiros.
XuvenLugo é un espazo de ocio infantil e xuvenil situado dentro do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. É un gran espazo cheo de atraccións, inchables, xogos, animacións e deportes para pasar unha tarde moi divertida.
O Concello de O Vicedo organiza unha viaxe ao salón de ocio infantil e xuvenil Xuvenlugo, situado no Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo, onde “os nenos e maiores poderán subirse en distintas atraccións de feira (coches, eléctricos, noria, inchables adaptados a cada idade, barredora. Scalextric...), participar en obradoiros; haberá tamén ludoteca para os máis pequenos, globoflexia, etcétera. Celébrase nun recinto pechado, no Pazo de Feiras de Lugo, e alí hai tamén unha cafetería para poder merendar. Trátase dunha actividade para participar en familia e por tanto, como todos os anos, os nenos menores de 10 anos deberán ir acompañados por algún adulto”, explica a organización da excursión.
A asociación Patrimonio Laurentino organiza unha viaxe a Vigo para este sábado, 18 de novembro. O prazo para anotarse e pagar remata este mércores, día 15. O custo, co xantar incluído, é de 22 euros para os membros do colectivo organizador e de 25 euros para os que non o son. O autobús é de balde porque está financiado cunha axuda do Concello de Lourenzá.
Os organizadores explican: “este ano decidimos viaxar a Vigo. Coñeceremos o legado de Del Riego: pinacoteca e fundación Penzol, que nos abren as súas portas o sábado 18. Comeremos no R.C. Náutico e pola tarde desfrutaremos da cidade olívica. Tan só animarvos a participar e renderlle homenaxe a este laurentino como a el lle gustaría: reunirse cos veciños e disfrutar da cidade que o acolleu. Animámosvos a participar nesta visita imprescindible no ano no que se lle dedican as Letras Galegas...
leer másO Seminario de Estudos Terra de Viveiro organiza unha excursión a Ferrol para o 18 de novembro, sábado. Inclúe visitas ao Museo Naval e da Armada, ao Museo de Historia Natural e ao castelo de San Felipe. O xantar será no restaurante Manuel, que está no barrio de A Malata. A saída será ás 9 da mañá dende a estación de autobuses de Viveiro.
O prezo da actividade é de 30 euros para os membros do colectivo organizador e de 35 euros para os que non pertencen ao Seminario de Estudos Terra de Viveiro. Os tickets retíranse en Seguros Mapfre Aquilino.
Mariña Patrimonio organiza unha visita a Castroverde o 28 de outubro. Inscrición aberta ata o día 24
Mariña Patrimonio está a organizar unha visita polo patrimonio do concello de Castroverde para o vindeiro 28 de outubro. Nesta saída está previsto visitar, en xornada de mañá, os restos da fortaleza da vila, a igrexa e pazo de Vilabade e maila ermida do Carme. “Se queda tempo antes do xantar, achegariámonos ata Tórdea para visitar a igrexa prerrómanica. Tralo xantar, en xornada de tarde, faremos un curto paseo para visitar Soutomerille antes do regreso”, explican desde a organización.
A data límite para apuntarse remata o martes 24. O itinerario do autobús vai ser, probablemente, desde Viveiro, pasando por Xove, Cervo, Burela, Foz, Barreiros e Castroverde debido á imposibilidade de cubrir toda a Mariña. Porén, este itinerario podería verse modificado en función da procedencia das persoas participantes.
As persoas...
leer másA asociación de desenvolvemento das Terras da Faladora Nordés organiza unha viaxe micolóxica a Monforte de Lemos o 21 de outubro. As persoas interesadas deben anotarse antes do 18 no 653 756 454 (Ricardo).
Haberá recolleita de setas, comida temática e visita guiada con J.L.Cuba.
A saída en bus desde O Barqueiro será ás sete da mañá e ás sete e cinco desde O Vicedo. Para aas 9:30 horas está programada a recolleita e identificación de setas. Desde a organización recomendan levar botas, cesto, navalla e auga.
Ás 14:30 horas será o xantar no restaurante Trespés. O menú consistirá en ensalada de porros e setas e xamón; croquetas de boletus; cachelo á brasa e zarrotada; guiso de patacas, níscalos e mexillóns; lomo de porco, pataca trufada, gulas de monte e castañas; flan de queixo e...
leer másO Seminario de Estudos Terra de Viveiro organiza unha excursión a Lugo o día 8 de outubro, coincidindo co popular Domingo das Mozas, xornada destacada nas festas do San Froilán.
Os organizadores explican como será a actividade: “antes de arribar a cidade das murallas, na entrada da capital, visitaremos a igrexa románica de Santiago de Meilán, do século XII, e as carballeiras dos arredores. Logo realizaremos un pequeno recorrido polo casco histórico lucense e algunha das portas máis importantes. Deseguido, en distintas rúas lucenses, poderemos gozar de variadas actuacións folclórico musicais e do ambiente dos viños no centro. Despois xantaremos na Pulpería Restaurante Manolo de Marce, onde degustaremos un gorentoso menú composto de entrantes, polbo á feira, carne ao caldeiro e sobremesas típicas. Pola tarde faremos unha visita aos...
leer másMariña Patrimonio organiza para o vindeiro sábado, 22 de abril, unha viaxe á capital da provincia para visitar a exposición “Lugo no tempo”, dentro do proxecto Cidades no tempo, organizado pola Xunta de Galicia e ABANCA, comisariada por Manuel Gago e coordinada en Lugo por Marica Campo. A exposición será complementada cunha visita ao vello cárcere e un paseo pola cidade, guiado polo historiador e catedrático Julio Reboredo Pazos, que aportará unha visión alternativa ao tradicional Lugo romano, máis centrada nos grandes cambios que a cidade experimentou durante o século XIX.
Cómpre, por tanto, apuntarse enviando un correo electrónico a mr.patrimonio@gmail.com, indicando o número e nomes das persoas participantes, a súa procedencia, nº de teléfono de contacto, se teñen interese en facer uso do bus...
leer másA asociación Os Sendeiros, de Foz, organiza unha excursión a Portugal para a fin de semana do 19 ao 21 de maio. A saída desde Foz será o venres 19 ás 16:00 horas e ás 16:15 horas desde Ferreira do Valadouro.
Os prezos desta actividade son: 180 euros para socios federados, 190 euros para socios non federados e 195 euros para socios temporais. Inclúe aloxamento en habitación dobre con pensión completa.
O prazo para reservar praza remata o 8 de abril e a inscrición pode facerse a través dos teléfonos 606.71.84.82 ou 670.36.90.17 ou do correo electrónico ossendeiros@yahoo.es.
Para participar nesta actividade a organización recomenda levar equipo de sendeirismo.
Mariña Patrimonio organiza para o vindeiro 18 de setembro unha saída ata o concello das Pontes para coñecermos a súa historia e mailo seu patrimonio. Pola mañá, visitarase a exposición arqueolóxica “Man a man”, continuará cun percorrido pola historia medieval deste concello e rematará coa visita ao Museo Etnográfico Monte Caxado. Tras unha pausa para o xantar, reanudaranse as actividades da tarde achegando aos asistentes á historia industrial das Pontes. As diferentes visitas serán guiadas e dos pormenores da actividade informarase con máis detalle proximamente.
No caso de que haxa un número suficiente de persoas, o desprazamento realizarase en bus e reservarase o xantar polo que as interesadas deberán poñerse en contacto coa asociación canto antes, con límite ata o 14 de setembro. Para anotarse enviarase un correo a...
leer más