A Agrupación Francisco Lanza, de Ribadeo, organiza unha viaxe cultural a Padrón e Compostela o 5 de outubro

A Agrupación Cultural Francisco Lanza vai facer unha viaxe cultural a Padrón e Compostela con visitas guiadas. Será o 5 de outubro. 

O prezo da actividade é de 75 euros. Desde a organización explican que “como mínimo debe haber 25 inscritos/as”.

As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a  agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou un whatsapp ao número 699809606. O prazo está aberto ata o 25 de setembro. 

A viaxe contempla unha á Casa da Matanza, Casa Museo de Rosalía; xantar no restaurante Raxoi; visita ao museo catedralicio da Catedral, así como ao Pórtico da Gloria e ás cubertas.