CDG
O Concello de Barreiros anuncia: “viaxamos a Compostela para ver Terceiro Acto, unha produción do Centro Dramático Galego, o domingo 6 de outubro, desde a Praza do Concello. Hai 25 prazas e para anotarte chama ao 982.124.002 ou escribe a administracion@concellodebarreiros.gal. A admisión será por rigorosa orde de apuntamento. A actividade ten un custo de 5€ por persoa que se recadará no propio día da viaxe”.
A saída desde Barreiros será ás 14:45 horas e a función en Santiago empezará ás 18:00 horas.
O Centro Dramático Galego representará “De Vilatristre a Vilalegre” no Vicedo o mércores 10 de xullo
O Centro Dramático Galego celebra o seu 40 aniversario cunha programación especial que está a levar a xira por 100 concellos de Galicia e entre eles ao do Vicedo, a onde chegará o mércores 10 de xullo. Será no parque infantil da rúa Francisco Vilasuso ás 19:30 horas. O Centro Dramático Galego, en coprodución con A Utópica Rodante, presentará o texto de Roi Vidal Ponte titulado “De Vilatriste a Vilalegre” a bordo do Furgón Utópico.
Trátase dunha creación de pequeno formato baixo a dirección artística de Teatro o Cubo. Forman o elenco Uxía Algarra Cajide e Roberto Casal Mouriño.
O Centro Dramático Galego celebra o seu 40 aniversario cunha programación especial que está a levar a xira por 100 concellos de Galicia e entre eles ao do Valadouro, a onde chega este sábado, 15 de xuño. Será na Praza de Santa María, de Ferreira, ás 19:00 horas. O Centro Dramático Galego, en coprodución con A Utópica Rodante, presentará o texto de Roi Vidal titulado “De Vilatriste a Vilalegre” a bordo do Furgón Utópico. Trátase dunha creación de pequeno formato baixo a dirección artística de Teatro o Cubo.
“Nas aforas de Vilatriste hai unha lagoa da que emana unha brétema misteriosa que impregna o aire cunha estraña tristeza. Uns novos moradores descobren que se beben das súas augas adquiren un superpoder que os dota de capacidades extraordinarias. Pero as habitantes de Vilatriste ignoran todos estes efectos. Cando estes forasteiros intentan compartir o seu...
leer más