O 6 de outubro haberá unha viaxe desde Alfoz para asistir a unha representación do Centro Dramático Galego en Santiago

O Concello de Alfoz anuncia que “o domingo 6 de outubro chega a Alfoz o autobús do teatro, sobes? É unha actividade dentro do programa de mobilidade do Centro Dramático Galego, que está a celebrar o seu 40° Aniversario.  Este autobús sairá da Casa do Concello de Alfoz ás 14:15 horas  e levaranos ata Santiago de Compostela para desfrutar da obra "Terceiro acto", unha produción do Centro Dramático Galego. Entón, sobes ao autobús do teatro?”.

A representación será ás 18:00 horas. A viaxe en autobús é gratuíta e o prezo da entrada ao teatro é de 5 euros.

As prazas limitadas e as inscricións pode facerse a través do teléfono 982.55.80.01 ou na Casa do Concello de Alfoz.