Xuvenlugo

26/12/2024

O Concello do Vicedo organiza unha excursión a Xuvelugo para este sábado, día 28 de decembro. A saída desde O Vicedo será ás 14:45 horas.

O prazo para apuntarse nesta actividade gratuíta está aberto ata este venres 27 no teléfono 982.59.01.95. Está dirixida a rapaces ata os 17 anos de idade e os menores de 10 anos deberán ir acompañados dun adulto.

O Concello do Vicedo explica que para esta actividade “hai dúas formas de poder desprazarse a Lugo, en autobús ou en coches particulares. Tanto a entrada como o bus son gratuítos tanto para os nenos e nenas como as súas familias xa que o obxectivo é pasar unha xornada familiar xuntos”.

23/12/2024

O Concello de Riotorto organiza unha excursión dos nenos/as do concello de Riotorto a Xuvenlugo. Será este xoves, día 26 de decembro, e é para nenos e nenas con idades comprendidas entre os 2 e os 16 anos.

A saída será desde o CEIP de Riotorto ás 15:30 horas. En canto aos prezos desta actividade, para os nenos é gratuíto, pero os acompañantes deben pagar 10 euros por persoa, que inclúe merenda nas propias instalacións ou nun restaurante.

O horario de apertura das instalacións é de 16:30 a 21 horas. Poderá acudir un acompañante con cada neno ou nena.

Aquelas persoas que queiran participar nesta actividade deberán anotarse no Concello antes do día 25 de decembro.

Etiquetas:
19/12/2024

O Concello de Barreiros, xunto coas ANPAS dos CEIPs de San Cosme e de San Miguel, organizan unha viaxe a XuvenLugo para o venres 27 de decembro, dirixida a nenas e nenos do concello. A excursión inclúe a entrada e a viaxe de balde.

As persoas interesadas en anotar ás súas crianzas na viaxe, teñen para formalizar a inscrición ata o xoves 26 de decembro nas oficinas xerais do Concello.

O Concello de Barreiros explica que “XuvenLugo é un espazo de ocio infantil e xuvenil situado dentro do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. É un gran espazo cheo de atraccións, inchables, xogos, animacións e deportes para pasar unha tarde moi divertida”.

A saída do autobús será ás 15:00 horas desde diante da Casa do Concello de Barreiros.

Etiquetas:
28/12/2023

O Concello de Barreiros organiza unha viaxe para o vindeiro mércores, 3 de xaneiro, a XuvenLugo dirixida a nenas e nenos de Barreiros.

A excursión inclúe a entrada e a viaxe de balde.

As persoas interesadas en anotar ás súas crianzas na viaxe, teñen para formalizar a inscrición ata o día 2 de xaneiro nas oficinas xerais do concello.

Terán prioridade o alumnado do CEIPS do municipio e a cativada instrita nas escolas deportivas de Barreiros.

XuvenLugo é un espazo de ocio infantil e xuvenil situado dentro do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo. É un gran espazo cheo de atraccións, inchables, xogos, animacións e deportes para pasar unha tarde moi divertida.

 

Etiquetas:
25/12/2023

O Concello de O Vicedo organiza unha viaxe ao salón de ocio infantil e xuvenil Xuvenlugo, situado no Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo, onde “os nenos e maiores poderán subirse en distintas atraccións de feira (coches, eléctricos, noria, inchables adaptados a cada idade, barredora. Scalextric...), participar en obradoiros; haberá tamén ludoteca para os máis pequenos, globoflexia, etcétera. Celébrase nun recinto pechado, no Pazo de Feiras de Lugo, e alí hai tamén unha cafetería para poder merendar. Trátase dunha actividade para participar en familia e por tanto, como todos os anos, os nenos menores de 10 anos deberán ir acompañados por algún adulto”, explica a organización da excursión.

Etiquetas:
18/12/2019

A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión a Lugo para  visitar o salón de ocio infantil e xuvenil XuvenLugo Será o día 27 deste mes, venres.

A actividade inclúe o desprazamento en autocar e a entrada a XuvenLugo.  O prezo é de 15 euros por persoa para adultos e rapaces maiores de doce anos, mentres que os menores desa idade terán que pagar 12 euros e para os bebés de menos dun ano é gratis.

Para a reserva de prazas nesta excursión hai que dirixirse á axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou ben chamar aos teléfonos 676.445.465 ou 982.877.470.