O Vicedo

28/10/2024

O Teatro das Cortes, que está no lugar de Xestoso, en Cabanas (O Vicedo) organiza un Tarde de Cinema Rural este sábado, día 2 de novembro.

As actividades comezarán ás 18:30 horas cun coloquio sobre cinema rural no que participarán Manolo González (coordinador do Laboratorio Chanfaina, de San Sadurniño), Marisa Otero e Abelardo Rendo, da asociación cultural Sen un Peso, de Vedra). E ás 19:30 horas haberá unha proxección de curtametraxes feitas no rural por xente destes colectivos.

A entrada é de balde para este evento que organiza a asociación cultural Vota e Dálle.

Etiquetas:
23/10/2024

A asociación veciñal San Román do Vicedo organiza un obradoiro de cabazas para o Samaín. Será este domingo, día 27 de outubro, ás 17:00 horas na Escola do Vilar. Os participantes poderán degustar chocolate ou café e biscoito.

“Este domingo 27 de outubro ás 17:00 horas trae a túa cabaza de Samaín á escola do Vilar, en San Román do Val, e o noso mestre tallador, o fillo do ferreiro, axudarache a tallala co deseño que ti elixas. E despois de pintada resume de cabaza. Será terrorífica. Aforo limitado e lembra anotarte por WhatsApp no 658.85.65.73 antes deste xoves”, anuncia a organización desta actividade.

Etiquetas:
22/10/2024

O Vicedo celebrará un desfile para celebrar o Samaín o día 31 de outubro, xoves. Será a partir das 19:30 horas na Casa da Cultura.

Está organizada pola APA e o Concello do Vicedo, que anuncian: “para manter o espírito do Samaín do Vicedo desfilaremos cunha saba branca ou camiseta branca moi longa. Cada participante debe traer a cabaza para desfilar. Ao final haberá chocolatada na Casa da Cultura para os asistentes. Esperamos moita asistencia e diversión, mentres metemos uns sustos polo pobo adiante”.

Etiquetas:
21/10/2024

O Vicedo empeza as actividades dedicadas a celebrar o Samaín cun espectáculo de maxia este xoves, día 24 de outubro. Será na Casa da Cultura ás 17 horas.

O Concello do Vicedo anuncia: “esta semana, o xoves, teremos unha actividade que empezará a abrir boca para o Samaín.En Samaín toca...maxia é un espectáculo moi divertido, destinado principalmente ó público infantil e xuvenil, pero que todos poderemos desfrutar para pasar un bo rato na tarde. Animádevos a vir”.

18/10/2024

A compañía Ubú Teatro representará a obra titulada Mudanzas, dirixida por José Campanari, na Casa da Cultura do Vicedo este sábado, día 19 de outubro, ás 18:00 horas.

“Volve o teatro profesional á Casa da Cultura cunha obra familiar moi recomendable para público infantil e xuvenil. A compañía lucense Ubú Teatro presenta Mudanzas, unha obra moi divertida coa garantía dunha gran compañía de teatro”, anuncia o Concello do Vicedo.

16/10/2024

A Unión Deportiva Folgueiro, do Vicedo, estreará o novo campo Boavista con dous partidos de fútbol, churrascada, música a cargo dun DJ e sorteos este sábado, 19 de outubro.

“Despois de case un ano, este sábado 19 estreamos o novo campo de Boavista cos partidos dos nosos dous equipos: en categoría sénior ás 16:00 horas contra o Celta Barreiros; e en categoría xuvenil contra o Burela SD ás 18.30 horas. E despois disto haberá churrascada e música para todos os asistentes”, anuncia a UD Folgueiro.

10/10/2024

La cuarta concentración de vehículos clásicos en O Vicedo se celebrará el día 26 de octubre, sábado.

Las actividades comenzarán a las 10:00 horas con la recepción de los vehículos en el centro urbano. Desde las 12:00 horas realizarán una ruta turística y a las 14:30 habrá una comida con entrega de premios.

La organización corre a cargo del Club Clásicos O Vicedo, que anuncia: “contamos con plazas limitadas. El plazo de inscripciones estará abierto hasta el día 21 de octubre”.

Etiquetas:
10/10/2024

En O Vicedo está abierto el plazo de inscripción para asistir al taller gratuito de uso de apps móviles para personas mayores. Las plazas son limitadas. 

Está organizado por la Fundación Cibervoluntarios  con el apoyo de la Fundación AEB de la Asociación Española de Banca (AEB),con el apoyo del Ministerio de Derechos Sociales y Agenda 2030 con la colaboración del Ayuntamiento O Vicedo - Aula Cemit.

El taller tendrá lugar los días 7 y 8 de noviembre de cinco a siete de la tarde. Las personas interesadas pueden obtener más información en la Casa de la Cultura O Vicedo – Aula CEMIT, en el teléfono 982590195 ou en el correo electrónico cemit.ovicedo@gmail.com

 

02/10/2024

No Vicedo regresan as actividades de animación á lectura pertencentes ao programa Ler Conta Moito, da Xunta de Galicia e Concello. Nesta ocasión Helga Méndez contará historias sobre as árbores a través de contos de Gianni Rodari, Shel Silverstein e a propia Helga Méndez. Será o xoves a partir das 17 horas na sala de exposicións da Casa da Cultura.

Esta actividade “é unha historia sobre as árbores, que contén varias historias contadas coa axuda da palabra e de obxectos de refugallo”.

27/09/2024

A Asociación de Veciñ@s de San Román do Vicedo anuncia que este domingo, día 29 de setembro, de 17:00 a 20:00 horas realizarán un taller de serigrafía con Stencil. Será na Escola do Vilar, en San Román (O Vicedo).

“Nós poñeremos todo o material necesario. Mostraráseche a teoría proxectada por pantalla, realizarás o teu propio deseño e aprenderás a estampar sobre tea. Vente a sacar o teu talento para dar un toque único e persoal ás túas camisetas e bolsos. Sorprenderás aos teus colegas”, anuncian os organizadores.

O aforo e limitado e as inscricións deben facerse por WhatsApp no número 649.41.89.02.