Aula CeMIT
O Vicedo acollerá este venres, día 22 de novembro, un curso de Intelixencia Artificial. Será de 16:30 a 18:00 horas na Aula CeMIT, que anuncia: “a través deste curso gratuíto farase unha introdución a conceptos básicos da Intelixencia Artificial mediante exemplos prácticos e algunhas aplicacións da IA no día a día”.
As inscricións están abertas e as prazas son limitadas.
Para máis información as persoas interesadas poden contactar coa Aula CeMIT na Casa da Cultura do Vicedo, a través dos correos electrónicos cemit.ovicedo@gmail.com ou cemit.ovicedo@xunta.es ou do teléfono 982.59.01.95.
Os días 2 e 3 de setembro, luns e martes, haberá na Aula Cemit de Barreiros obradoiros de formación tecnolóxica dirixidos á rapazada de entre 12 e 18 anos de idade.
“Queres modelar e imprimir en 3D? Queres aprender a construír e programar un robot? Queres participar nun reto científico-tecnolóxico?
Pois tés todo iso e moito máis ao alcance da túa man nesta nova actividade do Programa Tech Kids que se desenvolverá na Aula Cemit de Barreiros os vindeiros 2 e 3 de setembro entre as 10 e as 14 horas”, anuncia o Concello de Barreiros, que engade: “podes coñecer máis polo miúdo de que vai todo isto entrando en argallando.gal. E ademais durante o transcurso do programa poderás gañar interesantes premios!”.
A asistencia é de balde previa inscrición.
A Aula CeMIT do Vicedo organiza cursos nas mañás do verán desde o 24 de xuño ata o 6 de setembro para nenos e nenas a partir de 7 anos e adultos. Haberá varios grupos por idades e horarios e a inscrición é gratuíta.
As prazas para participar poden reservarse por teléfono, no 982.59.01.95, por correo electrónico cemit.ovicedo@gmail.com ou polas redes sociais de forma privada.
O Concello de Barreiros, grazas a un convenio coa Fundación Cibervoluntarios, presenta un campamento dixital para a rapazada de 13 a 17 anos. Esta formación ten como obxectivo impulsar a inclusión e a transformación dixital entre a xuventude. O campamento terá lugar na Aula CeMit de Barreiros do 1 ao 19 de xullo de luns a venres de 11 a 13 horas. A actividade consta de 30 horas de formación gratuíta durante as cales, a través de aventuras interactivas, os participantes deberán completar etapas e cumprir misións para acadar logros.
Os participantes aprenderán: uso consciente e responsable de Internet e redes sociais, protección da identidade dixital, novas competencias recollidas no marco europeo de competencias dixitais DIGCOMP.
O Concello de Barreiros salienta que “é unha boa oportunidade para mellorar as...
leer más