O grupo teatral Ardora, de San Ciprián, representa a obra “Aire fresco” no Vicedo este sábado, 21 de decembro

O grupo de teatro Ardora, de San Ciprián (Cervo), representará a obra titulada Aire fresco na Casa da Cultura do Vicedo este sábado, día 21 de decembro, ás 20:00 horas. A entrada é libre.

Aire fresco é unha comedia con esta trama: “A crise do covid puxo de relevo problemas común que todos temos na cotidianidade, pero que tenden a ser invisibilizados. As persoas maiores foron un dos colectivos máis afectados pola pandemia, dada a súa vulnerabilidade. Esta obra busca concienciar á sociedade sobre a necesidade urxente de prestar unha atención adecuada a quen coidou e agora precisa ser coidado”.