O Vicedo acolle unha charla de prevención da violencia sobre a infancia e a adolescencia este xoves, 19 de decembro

O Concello do Vicedo organiza unha charla dedicada á prevención da violencia sobre a infancia e adolescencia. Será este xoves, día 19 de decembro de 17:00 a 19:00 horas na Casa da Cultura.

É unha actividade dirixida a familias, persoas coidadoras habituais e cidadanía en xeral.

A charla, con acceso libre, será impartida por Noelia Rigueiro, técnica de Intervención Familiar da Fundación Meniños.