San Román, no Vicedo, celebra as festas do seu patrón os días 23 e 24 de novembro

A parroquia de San Román, no concello do Vicedo, celebra as festas do seu patrón esta fin de semana: sábado 23 e domingo 24 de novembro.

O sábado ás 12:00 horas haberá misa cantada e despois procesión seguida de sesión vermú amenizada por Primera Línea, que tamén actuará na verbena.

E o domingo ás 12:00 celebrarase misa cantada e de seguido sesión vermú longa a cargo de Primera Línea.