Confraría de pescadores
O día 26 de outubro, sábado, ás 18 horas terá lugar un acto de presentación de tres novas actividades con motivo de celebración do Centenario da Confraría de Pescadores de Burela: inauguración do mural que decora as fachadas da sede da confraría, presentación do libro conmemorativo do centenario e estrea dun documental conmemorativo das actividades do centenario e do labor social da confraría.
Estas actividades están enmarcadas dentro do proxecto para conmemorar o centenario da confraría de pescadores de Burela, que conta cunha axuda da Consellería do Mar e que foi tramitado no GALP A Mariña-Ortegal na convocatoria 2024.
O proxecto Actividades Centenario Confraría de Pescadores de Burela pretende divulgar a cultura mariñeira, poñer en valor os traballos do mar desenvoltos por mulleres, a integración social, o...
leer másA Confraría de Pescadores de Burela, co gaio da celebración do seu centenario, inaugurou este pasado martes, 8 de outubro, dúas exposicións fotográficas permanentes: o porto de Burela en clave feminina e cadros de honra dos patróns maiores.
“A través destas exposicións de carácter permanente póñense en valor os traballos desenvoltos por mulleres no mundo do mar: mariñeiras, peixeiras, conserveiras, redeiras, estibadoras, etcétera e faise un percorrido histórico a través dos distintos Patróns Maiores que foron representantes da entidade ao longo dos seus 100 anos de vida. Queremos dar visibilidade a todos estes oficios marítimo pesqueiros e que sirvan de referencia para dar continuidade aos traballos que ofrece o sector mariño, de forma que as novas xeracións vexan no mar unha oportunidade para desenvolver a súa profesión, axudando así a...
leer másA Confraría de Pescadores de Ribadeo acollerá un taller de iniciación ao microscopio o vindeiro 18 de xullo.
O alcalde, Dani Vega, contou que “o 18 de xullo vamos facer un curso na Confraría de Pescadores de Ribadeo para a iniciación ao microscopio. Aí vas aprender preparacións microscópicas e observar os secretos que esconden a ría. Contamos coa colaboración da Xunta de Galicia, do Centro de Cultivos Marinos e evidentemente co profesor, coa persoa que vai preparar todo isto que é Dani Prieto”.
O rexedor cre que a “colaboración entre as administracións está sendo un éxito, tamén no aspecto formativo, e dámoslle un impulso moi importante a Confraría de Pescadores, á nosa lonxa, porque tamén, aparte de facer o traballo cotiá, empeza a facer actividades divulgativas, formativas, entorno ao que esconde a ría e todos...
leer más