O Concello do Vicedo anuncia que este xoves, día 9 de xaneiro, “vai haber unha nova edición da campaña da Consellería do Mar Galicia Sabe a Mar. Trátase dunha iniciativa para promocionar o consumo de peixe e para iso a furgoneta da campaña estará instalada nas inmediacións da Casa da Cultura en horario de mañá e tarde e poderedes probar algún dos 10 pinchos distintos da campaña totalmente gratis”.