O actor Quico Cadaval actuará na Tarde de Contos e Outras Lerias que haberá no Teatro das Cortes, no Vicedo, este sábado, 23 de novembro. Con esta xornada, para a cal a entrada é de balde, rematará a programación deste ano.
As actividades empezarán ás 18:00 horas con “Ofrendas e diálogos co porco de pedra dos Andrade”. E ás 19:30 horas terá lugar a actuación de Quico Cadaval.
Esta xornada está organizada pola asociación cultural Volta e dálle e conta co apoio da Área de Cultura da Deputación de Lugo e o Concello do Vicedo.