Del Riego
O Multiusos Ponte de Cuñas, de Vilanova de Lourenzá, acollerá un evento cultural este domingo, 7 de xaneiro, ás 18:30 horas para conmemorar o 111 aniversario do nacemento de Francisco Fernández del Riego.
O cartel deste acto, titulado “Soa don Paco”, inclúe actuacións da Banda de Música de Foz, Pepe Peinó, Felipe Sánchez e a Asociación Cultural Osorio Gutiérrez.
A organización do evento explica que “o 7 de xaneiro de 1913, cando xa ían de retirada os Reis Magos, nacía en Vilanova de Lourenzá o naipelo Francisco Fernández del Riego. Este vindeiro domingo celebraremos os 111 anos desta ditosa nova e farémolo para por un broche de ouro a un ano máxico para Lourenzá: o ano no que se lle dedicaron as Letras Galegas ao noso veciño máis universal, don Paco del Riego, e o ano no que Lourenzá se converteu no epicentro...
leer másO salón de actos do Concello de Lourenzá acolle unha mesa redonda titulada “Fernández del Riego: de Lourenzá a América” este venres, 1 de decembro, ás 19 horas.
Esta actividade está organizada polo Consello da Cultura Galega, que explica: “Francisco Fernández del Riego, natural dunha bisbarra con alta emigración a América que xa dera fillas ilustres ás letras uruguaias como Juana de Ibarbourou, foi un colaborador frecuente na prensa galega e galeguista da emigración e do exilio dende a súa mocidade, e de maneira particular nos anos da posguerra, adoito co pseudónimo Salvador de Lorenzana. Nas súas crónicas informaba aos ausentes da evolución cultural, social e económica de Galicia; e como representante do galeguismo do interior mantivo un elo estreito cos galeguistas do exilio. Nesta mesa abórdase a polifacética relación de Lourenzá e...
leer másEste sábado, día 2 de decembro, rematarán en Riotorto os actos polo 126 aniversario do escritor Avelino Díaz e farano cunha charla coloquio sobre Francisco Fernández del Riego, autor homenaxeado no Día Das Letras Galegas 2023. Será ás 18:30 horas na Casa da Cultura de Riotorto.
A charla será impartida por Xosé López González, discípulo e amigo persoal do autor. Será presentado polo profesor Toño Vidueiro, de Santa Marta de Meilán, e o acto pecharase cun concerto a cargo da Coral de Riotorto.
Avelaíña Teatro presenta a obra 'Almas na Gloria: Don Paco' na Casa da Cultura de Burela este domingo, día 29 de outubro. O espectáculo comezará ás 19:00 horas e a entrada é gratuíta.
A obra trata como Francisco Fernández del Riego -Don Paco- e outras destacadas figuras da cultura galega rememoran a traxectoria do primeiro con motivo da súa homenaxe no Día das Letras Galegas 2023. Os protagonistas da obra lembran a mocidade de Del Riego no Seminario de Estudos Galegos, nas Irmandades da Fala e no Partido Galeguista, o drama do golpe de Estado, o nacemento da Editorial Galaxia ou a creación do Día das Letras en 1963.
O Concello de Lourenzá deu a coñecer a programación para o Día de Galicia, 25 de xullo, na honra de Francisco Fernández del Riego. Esa xornada terán lugar diferentes actos culturais organizados polo Concello de Lourenzá e a Mesa Coordinadora Don Paco.
En primeiro lugar, ás 13.30 horas na Praza de Conde Santo celebrarase a escenificación do manifesto que o propio escritor leu o 25 de xullo de 1931, a cargo do grupo Avelaíña Teatro. Simultaneamente estará acompañado con música da Asociación Cultural Osorio Gutiérrez.
E ás 20.30 horas no Multiusos “Ponte das Cuñas” haberá unha representación da obra de teatro Almas na Gloria, que foi escrita como homenaxe á Don Paco. Tamén nesta ocasión, representado polo grupo Avelaíña Teatro, de Pontevedra.
O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este xoves coa Alcadesa de Lourenzá, Rocío López García, un acordo de colaboración a través do que a institución provincial destina ao Concello 60.000€ para o financiamento da programación de actos do Ano de Francisco Fernández del Riego. A institución provincial coopera así coa organización dunha ampla serie de iniciativas para dar a coñecer e poñer en valor a vida e obra do tradutor, novelista, historiador, xornalista, ensaísta e editor laurentino homenaxeado neste 2023 polas Letras Galegas.
As accións desenvolveranse ao longo de todo ano, con especial atención no propio Día das Letras Galegas 2023, o 17 de maio. O Presidente enmarcou esta colaboración na boa relación que se mantén dende a Deputación con Lourenzá, e puxo de manifesto a idoneidade de homeneaxear a Del Riego este...
leer másA Casa do Concello de Lourenzá acolleu o acto inaugural do ano dedicado a Francisco Fernández del Riego. O evento contou coa presenza do conselleiro de Cultura, dos presidentes da Deputación do Luqo, da Real Academia Galega e do Consello da Cultura Galega, de alcaldesas, alcaldes, concelleiras e concelleiros, así como de representantes de diferentes asociacións, da Fundación Penzol, da Editorial Galaxia, do CEIP Juan Rey, de Lourenzá, e do IES San Rosendo, de Mondoñedo, entre outros asistentes.
Na súa intervención a alcaldesa laurentina, Rocío López, comezou dando as grazas “a todos aqueles que contribuístes a que hoxe esteamos de celebración, en especial á Real Academia Galega, ás distintas corporacións municipais de Lourenzá, a Asociación Patrimonio Laurentino e tamén a todos os concellos da comarca da Mariña por todo o apoio prestado....
leer másVilanova de Lourenzá acolle este sábado, 7 de xaneiro, os actos de apertura do ano de Francisco Fernández del Riego, ao que se lle dedica o Día das Letras Galegas neste 2023. Foron presentados por unha representación da Mesa Coordinadora Don Paco.
As actividades comezarán ás 17:00 horas no salón de actos da Casa do Concello, onde intervirán o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez González; o presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca; o presidente da Real Academia Galega, Víctor Fernández Freixanes; e a alcaldesa de Lourenzá, Rocío López García. Ademais inaugurarase a exposición 110 anos de Del Riego e terá lugar a presentación de Calendario biográfico. Posteriormente, a partir das 18:00 horas, no multitusos Ponte de Cuñas haberá un concerto do Grupo de Música Antiga 1500 e actuará tamén o grupo da Asociación Cultural Osorio...
leer más