O Vicedo acolle un curso de Intelixencia Artificial este venres, 22 de novembro

O Vicedo acollerá este venres, día 22 de novembro, un curso de Intelixencia Artificial. Será de 16:30 a 18:00 horas na Aula CeMIT, que anuncia: “a través deste curso gratuíto farase unha introdución a conceptos básicos da Intelixencia Artificial mediante exemplos prácticos e algunhas aplicacións da IA no día a día”.

As inscricións están abertas e as prazas son limitadas.

Para máis información as persoas interesadas poden contactar coa Aula CeMIT na Casa da Cultura do Vicedo, a través dos correos electrónicos cemit.ovicedo@gmail.com ou  cemit.ovicedo@xunta.es ou do teléfono 982.59.01.95.