Mercado

Etiquetas:
16/06/2019

Un ano máis o mercadiño indiano constituirá un espazo dentro do VI Ribadeo Indiano para a mostra de produtos e mercancías de ultramar e da época así como de oficios. 

O mercado desenvolvérase na Rúa San Roque durante o día 13  de xullo en horario continuo desde as once da mañá ata a finalización do Festival de Habaneras, que será aproximadamente sobre as dez da noite.

A organización deixará que cada stand contemple a posibilidade de pechar en horario de mediodía de 15:00 a 17:00 horas, neste caso a vixilancia e seguridade correrá a cargo dos expositores/as.

En todo caso será obrigatorio manter a apertura dos postos de 11:00  a 15:00 horas e a partir das 17:00 ata a finalización do Festival de Habaneras, que se desenvolverá na mesma rúa.

As persoas que desexen...

leer más
Etiquetas:
01/06/2019

O vindeiro sábado, 8 de xuño, celebrarase en Viveiro o Mercado Vivemar. Terá lugar na Praza Maior en horario de 10:30 a 21:30 horas.

O Mercado está aberto á participación de proxectos alimentarios e artesanais, e pretende ser algo máis que a venda de alimentos ou obxectos e quere converterse nun punto de encontro de nenos e maiores que desexen pasar esa xornada en Viveiro. Haberá degustacións por parte dos participantes e xogos populares.

Tamén haberá un mercadiño infantil, de 16:30 a 19:30 horas, no que os nenos e nenas poderán poñer á venda cousas feitas por eles, tanto de alimentos como de feituras varias no que tamén haxa a posibilidade de interactuar entre eles mediante o troco de útiles. Ao remate deste mercadiño infantil presentarase o espectáculo a pé de rúa de temática feirante, Teatro á feira.

 ...

Etiquetas:
23/05/2019

Ana Martínez, edil de Desenvolvemento Local, Turismo e Comercio, comentou que “co  obxectivo de apoiar, promocionar e visibilizar o papel dos mercados na nosa vila, potenciado así a compra dos produtos locais e mostrar a profesionalidade dos praceiros e praceiras, o Concello participa  na campaña Quere o teu mercado, en colaboración coa Xunta de Galicia”.

Quere o teu mercado (LoveYour Local Market), con orixe no Reino Unido, está promovido a nivel internacional pola WorldUnionofWholesaleMarkets, e este ano conta coa participación de mercados de España, Reino Unido, Francia, Alemaña, Holanda, Polonia, Italia, Irlanda, Bélxica, Grecia, Dinamarca, Suecia, Hungría, Serbia, Hong Kong e Estados Unidos.

Martínez engadiu que “Ribadeo quere participar dentro desta campaña e celebrar o día dos mercados na mañá do  vindeiro...

leer más
Etiquetas:
15/04/2019

Foz terá un Mercado de Pascua na praza Conde de Fontao desde este xoves, día 18, ata o domingo 21.

Este mercado, que acollerá diferentes postos de artesanía, estará aberto de 11:00 a 22:00 horas. Ademais venres, sábado e domingo haberá inchables e espectáculos de maxia.
 

21/03/2019

A Deputada de Cultura, Pilar García Porto, o alcalde do Valadouro, Edmundo Maseda Maseda, e o concelleiro de Cultura do Valadouro, Eduardo Chao González, presentaron este xoves no Pazo de San Marcos, o XIII Mercado Tradicional de Primavera do Valadouro, que comeza o venres 22 e prolongarase durante toda a xornada do sábado 23.Este ano cómprese ademais o 125 aniversario da vila. A súa celebraciónestará protagonizada polo Alcalde e membros da corporación municipal.

Durante estes días,este municipio mariñánrememora o pasado labrego e a vida nas aldeas, por iso todos os veciños ataviándose con roupaxes tradicionais, como as zocas, que teñen unha gran presencia durante estes dous días e convertéronse en sinal de identidade deste mercado. 

Haberá máis de 100 postos de venda ao público, con toda clase de produtos...

leer más
14/03/2019

O venres, día 22, ás 21:00 horas, terá lugar a lectura do pregón que correrá a cargo de Manuel Lourenzo. Posteriormente actuarán Miro Casabella e A.C.M. Dambara, haberá baile en zocas coa A.C. Amado Lar e inaugurarase a exposición Pintores do noso Val. Ás 23:00 horas será o II Zoc&Roll con Cuarta Xusta & Zënzar.

O sábado 23 das 10:00 ás 13:00 horas, celebrarase a 2ª Xuntanza Automóbiles Clásicos Val do Ouro. Ás 11:30 horas será o pasacalles e bailes coa A.C. Amado Lar, o desfile de zocas, zocos e vestimenta, e a sesión vermú coa A.C.M. Dambara e Escolma de Meus.

O sábado pola tarde a partires das 16:00 horas, haberá actividades infantís e familiares e desde as 18:00 horas actuarán polas rúas Festicultores Troupe e Charanga Mekánica.

A xornada rematará co concerto que, desde as 24:...

leer más
Etiquetas:
30/11/2018

A XV Edición do Mercado do Nadal de Ribadeo abre as súas portas o próximo xoves, 6 de decembro, ás 11 horas da mañá. Haberá 26 postos no parque de san Francisco nos que se poderán atopar pezas de artesanía, alimentación, decoración ou deseño local, entre outras propostas, “coas que pretendemos espertar o espírito navideño nas rúas de Ribadeo”, segundo manifestou a concelleira de Desenvolvemento Local, Turismo e Comercio. Ana Martínez e o alcalde, Fernando Suárez, presentaron o evento esta mañá no salón de plenos do Concello. 

Concebido como un aliciente máis para visitar Ribadeo durante estes días festivos, os 26 expositores instalados no entorno do parque de San Francisco abren as súas portas ata o 9 de decembro en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas. “Así, confiamos en que esta iniciativa, de novo, volva arrastrar a...

leer más
Etiquetas:
05/11/2018

A Delegación de Cultura do Concello de O Valadouro organiza o Mercado de Outono 2018 que se celebrará este sábado, 10 de novembro.

O programa de actividades dará comezo ás 10:00 horas na rúa Andrés L. Palmeiro, onde estarán instalados os postos de venda con produtos de tempada e artesanía. Ademais haberá pasarrúas con grupo folclórico polo centro de Ferreira.

Tamén a partir das 10:00 horas na Casa da Cultura terá lugar un curso de fruticultura, con entrada libre, organizado pola Asociación de Fruticultores do Valadouro. Ás 12:30 horas ofrecerase unha degustación de caldo de castañas e ás 11:30 e ás 18:00 horas haberá xogos tradicionais en familia.

Pola noite, a partir das 21:00 horas terá lugar o XXVIII Magosto Popular, na carpa instalada no aparcadoiro municipal, a carón da piscina, que...

leer más
07/10/2018

A alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, o presidente do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia (CRAEGA), Francisco López Valladares, e o presidente da asociación cultural “As San Lucas”, Miguel Souto, presentaron na Praza do Concello o Mercado de Agricultura Ecolóxica certificada que se situará no mesmo lugar da presentación durante os días que dure a feira máis antiga da Comunidade.

Deste xeito, na localidade mariñana daranse cita produtores desta especialidade, que ofrecerán aos visitantes 25 produtos, incluídos nesta denominación, e que se poderán visitar e mercar en seis casetas de madeira diferentes. O presidente do Consello Regulador agradeceu á comisión organizadora e ao Concello a posibilidade de participar na cita festiva, ao tempo que puxo en valor a importancia e a incidencia que ten estetipo agricultura no rural...

leer más
Etiquetas:
21/09/2018

O Concello abriu o prazo de inscrición para participar no XV Mercado do Nadal, que terá lugar en Ribadeo do 6 ao 9 de decembro. Este evento “quere ser un espazo de oportunidades para os profesionais relacionados coa artesanía e o deseño, plataforma onde se visualice o seu traballo e talento creativo e innovador”, sinalan desde a Concellaría de Desenvolvemento Local. 

E subliñan que “no Mercado do Nadal poderán participar artesáns con capacidade para exhibir e vender pezas que sexan producidas de forma artesanal e sexan de autoría propia, tamén produtos de gastronomía artesanal e creadores, artistas pola súa vertente de creatividade e deseño: artistas plásticos, gráficos, dixitais, xoguetes, moda, etc… que teñan capacidade para exhibir e vender pezas suficientes e que a creación sexa de autoría propia e a distribución sexa a pequena escala...

leer más