Pascua
O Concello de Trabada reafirma o seu compromiso coa dinamización social e cultural do municipio a través da colaboración con diferentes asociacións e clubs locais. Neste sentido colabora coa Asociación de Veciños de Sante na organización dos Xogos e actividades de Pascua, un evento pensado para a diversión da xuventude que se celebrará o próximo 6 de abril ás 16:30 horas en Sante (Trabada).
O evento inclúe diversas actividades como a decoración e busca de ovos de Pascua, ademais de xogos recreativos e un taller de graffiti dirixido a mozos e mozas de entre 7 e 18 anos. Para participar nesta última actividade, cada asistente deberá levar o seu propio spray de auga. O custo de inscrición é de 5 euros.
As inscricións permanecerán abertas ata o 4 de abril e poden realizarse a través do teléfono 696.266.162....
leer másA parroquia de Vilaouruz, no concello de A Pontenova, celebrará a Festa da Pascua o sábado 30 de marzo.
A partir das 14:00 horas haberá sesión vermú e ás 20:00 horas empezará una sesión de tarde noite amenizada pola orquestra Stereo Music Show.
O Concello de Viveiro participa na celebración da segunda edición dos ‘Días da Rede Europea de Celebracións de Semana Santa e Pascua’ do 1 ao 15 de outubro. Nesta ocasión, e dada a acollida da iniciativa o pasado ano, celebrarase durante quince días en lugar de dous.
Trátase dunha iniciativa organizada pola propia Rede Europea de Celebracións de Semana Santa e Pascua, da que fai parte o Concello de Viveiro. Nace con carácter anual, e permite dar a coñecer os valores culturais tanxibles e intanxibles da Semana Santa fóra da súa época de celebración, ademais de ofrecer unha oferta turística e cultural para a poboación local e visitante.
A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, destaca que esta “é unha oportunidade perfecta para seguir poñendo en valor a proxección internacional da nosa Semana Santa”. “Dende o...
leer másFoz terá un Mercado de Pascua na praza Conde de Fontao desde este xoves, día 18, ata o domingo 21.
Este mercado, que acollerá diferentes postos de artesanía, estará aberto de 11:00 a 22:00 horas. Ademais venres, sábado e domingo haberá inchables e espectáculos de maxia.
O Burgo de Trasbar celebrará a Festa da Pascua o domingo, 1 de abril.
O evento foi presentado polo alcalde, Alfonso Villares, a edil de Turismo, Manuela Méndez, e por Arancha Gadea e María Díaz, en representación da Asociación de Veciños do Burgo de Trasbar, que organiza a Festa, en colaboración co Concello de Cervo.
Ás 13:30 horas está prevista unha misa, e a continuación haberá un xantar popular no Local Social.
Os interesados en asistir ao xantar poden anotarse no propio local ata o 25 de marzo (preferentemente na fin de semana); e o prezo será de 12 euros para os socios, 15 euros para non socios e 7 euros para os nenos de dous a doce anos.