A Delegación de Cultura do Concello de O Valadouro organiza o Mercado de Outono 2018 que se celebrará este sábado, 10 de novembro.
O programa de actividades dará comezo ás 10:00 horas na rúa Andrés L. Palmeiro, onde estarán instalados os postos de venda con produtos de tempada e artesanía. Ademais haberá pasarrúas con grupo folclórico polo centro de Ferreira.
Tamén a partir das 10:00 horas na Casa da Cultura terá lugar un curso de fruticultura, con entrada libre, organizado pola Asociación de Fruticultores do Valadouro. Ás 12:30 horas ofrecerase unha degustación de caldo de castañas e ás 11:30 e ás 18:00 horas haberá xogos tradicionais en familia.
Pola noite, a partir das 21:00 horas terá lugar o XXVIII Magosto Popular, na carpa instalada no aparcadoiro municipal, a carón da piscina, que estará amenizado polo Dúo Suso.
Colabora na organización deste evento, a Deputación de Lugo.