Ribade

Etiquetas:
24/08/2018

APAGA organiza a sétima edición do Fórum de Innovación e Formación sobre Vehículos que se celebrará en Ribadeo entre os días 28 e 31 deste mes de agosto. O presidente da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia, Álvaro Doural, estivo acompañado na presentación celebrada na tarde de onte no hotel O Cabazo  polo presidente da Deputación, Darío Campos, o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, o presidente da Mancomunidade de Municipios da Mariña, Alfredo Llano, e o alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente. Este ano celebraranse, por primeira vez, algunha das actividades do programa en Madrid e en Pamplona, posto que APAGA conta cada vez con máis socios fora de Galicia.

O presidente de APAGA, Álvaro Doural, explicou que “o día 28 imos ter unha actividade, que é exclusivamente para técnicos de empresa, relacionada co...

leer más