Sátira
O 5 de novembro ás 21:00 horas será representada na Casa da Cultura de Burela "As que limpan", unha sátira utópica e reivindicativa sobre o traballo e loita das camareiras de piso que pretende xerar debate sobre como o noso sistema económico sostense e funciona grazas á explotación das mulleres.
Areta Bolado, Noelia Castro e Ailén Kendelman son as autoras, directoras e intérpretes desta coprodución da compañía teatral A Panadaría co Centro Dramático Nacional que conta xa co premio do público na Mostra de Teatro Galego de Cariño 2022 e co premio a mellor espectáculo de sala da Feria de Teatro de Castilla y León-Ciudad Rodrigo 2022.
Un cartel colgado no manubrio da habitación. "Por favor, arranxe o cuarto". "Ao regreso da praia as camas feitas, as toallas limpas e o baño impoluto". Son "As que limpan", as...
leer más