Mercado

Etiquetas:
24/06/2021

Este domingo, 27 de xuño, arrinca a XX edición do Mercado dos Domingos. Na cita, que organizan o Concello e A Sucadoira, participarán 14 produtoras e produtores da zona. Na presentación o concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, lembrou que se celebrará na contorna da praza de abastos todos os domingos de 9 a 14 horas desde o 27 de xuño ao 10 de outubro. 

O edil ribadense explicou que “o Concello de Ribadeo organiza o Mercado dos Domingos en colaboración coa Asociación de Produtores da Horta A Sucadoira. Trátase dun mercado de produtoras e produtores da nosa zona, que pon en valor a economía de proximidade, que potencia o consumo de tempada e saudable, que coida do medio e que beneficia, loxicamente, a nosa economía local e apoia e dinamiza a vila de Ribadeo”.  

Pablo Vizoso contou que “este mercado...

leer más
10/03/2021

Dentro das actividades do XV Mercado de Primavera o Concello de O Valadouro organiza un concurso de decoración de zonas con dúas categorías: adultos e infantil (ata 12 anos de idade). Haberá premios para gastar no comercio e hostalería local.

Os participantes teñen que subir a foto da zonas ou zocos decorados ao seu Facebook ou Instagram co cancelo #MercadoPrimavera2021 e etiquetar ao Concello do Valadouro tanto en Facebook como en Instagram.

O prazo para subir as fotos remata o día 25 de marzo ás 23:59 horas. E o fallo do xurado publicarase o 27 de marzo ás 19:00 horas.

 

03/03/2021

O alcalde do Valadouro,  Edmundo Maseda, acompañado da concelleira de Cultura, Josefina Geada, presentaron no Concello o cartel promocional da Edición Virtual nas Redes do Mercado de Primavera.

Os organizadores sinalaron que “está chegando a data do tradicional Mercado de Primavera e, un ano máis, non podemos celebralo como todos desexaríamos, xa que agora toca coidarse e en solidariedade coa nosa saúde non haberá mercado tal e como se ven realizando todos os anos. Entón levaremos a cabo un Mercado de Primavera Virtual, porque non podemos pasar sen festexar dalgunha maneira esta data tan sinalada e esperada por todos. Este ano tócalle a XV edición, será todo nas redes sociais municipais, rememorando os nosos mercados, con vídeos, sketch, fotografías, concursos, etc”.

Nesta edición haberá tres concursos baixo o...

leer más
Etiquetas:
02/01/2021

O vindeiro mércores, 6 de xaneiro, non haberá mercado semanal en Ribadeo ao tratarse dunha xornada festiva de carácter estatal. 

O concelleiro de Desenvolvemento Local e Comercio, Pablo Vizoso, explicou que “de todos é ben sabido que o vindeiro mércores, 6 de xaneiro, se celebra a festividade de Reis. Por este motivo, por ser unha xornada festiva de ámbito estatal e un día moi especial para as familias e a súa xente miúda, non teremos o mercado semanal dos mércores”.

O primeiro mercado semanal de 2021 será o 13 de xaneiro. Vizoso Galdo aproveita a ocasión para desexarlles ás e aos ribadenses “un feliz aninovo, no que todos xuntos poidamos ir vendo a claridade ao final do túnel que supuxo a chegada do covid ás nosas vidas”. 

 

Etiquetas:
18/12/2020

A Área de Desenvolvemento Local do Concello de Ribadeo organiza o Mercadiño de Nadal que dará comezo mañá, 19 de decembro, na contorna da praza de abastos. Conta con 14 postos nos que se poderán atopar produtos de alimentación, artesanía, decoración de Nadal ou cerámica, entre outros. Estará aberto ata o 5 de xaneiro e haberá un amplo programa de actuacións musicais, teatrais e de maxia durante estas datas.

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, contou que “o Concello de Ribadeo, a través da Área de Economía, Desenvolvemento Local e Turismo, desenvolverá este ano por primeira vez o Mercadiño do Nadal facéndoo cadrar coas datas propias desta época. Nesta ocasión, e dadas as circunstancias sanitarias, optamos por celebrar un Mercadiño do Nadal máis reducido, aínda que máis estendido no tempo, dende o 19 de decembro ata o 5 de...

leer más
Etiquetas:
23/11/2020

O Concello de Ribadeo, a través da Área de Economía, Desenvolvemento Local e Turismo desenvolverá este ano por vez primeira o Mercadiño de Nadal, coincidindo coas datas propias do Nadal. Terá lugar entre o 19 de decembro ao 5 de xaneiro, estará destinado a persoas artesáns, creadoras e produtoras  e as casetas estarán situadas nun espazo céntrico da vila.

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, explicou que “o Concello de Ribadeo este ano, dadas as circunstancias sanitarias,  opta por celebrar este Mercadiño de Nadal, que será mais reducido aínda que máis estendido no tempo coincidindo co Nadal, en lugar do xa tradicional Mercado de Nadal que tiña lugar na ponte de decembro”. 

Vizoso Galdo dixo que “a convocatoria está  dirixida a persoas artesáns, produtoras  con capacidade para exhibir e vender...

leer más
Etiquetas:
09/10/2020

Este domingo, 11 de outubro, conclúe a décimo novena edición do Mercado dos Domingos, que se veu celebrando desde o pasado 5 de xullo na contorna da praza de abastos. A xornada estará amenizada a partir das doce do mediodía por Souto Xímaro, de Mondoñedo. 

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, indica que “este ano, debido á pandemia da Covid-19, non celebraremos a tradicional Feira da Horta, que era o colofón ao Mercado dos Domingos. Contaremos con animación musical desde media mañá”.

O Mercado dos Domingos ten lugar de 9 a 14 horas e está organizado polo Concello e pola asociación A Sucadoira. Con el búscase promocionar o consumo de local e de proximidade e apoiar a creación de canles de comercialización máis curtas coa clientela e axudar a unha mellora da sostibilidade e  da economía local. ...

leer más
Etiquetas:
02/07/2020

A décimo novena edición do Mercado dos Domingos terá lugar do 5 de xullo ao 11 de outubro os domingos na contorna da praza de abastos en horario de 9 a 14 horas. Serán 14 os produtores que acudirán a esta cita coa que se potencia o consumo local. O evento, que está organizado polo Concello e pola asociación A Sucadoira, foi presentado esta mañá.

O concelleiro de Desenvolvemento Local e Comercio, Pablo Vizoso, explicou que “como cada tempada nesta época de verán  volve o Mercado dos Domingos, que dará comezo o vindeiro 5 de xullo. Este é un mercado organizado polo Concello de Ribadeo en colaboración coa Asociación de produtores e produtoras da horta  A Sucadoira”.
O edil ribadense contou que “o Mercado dos Domingos é un mercado sostible que sirve de plataforma de venda de produtos ecolóxicos e de proximidade e que terá lugar cada...

leer más
Etiquetas:
08/06/2020

O alcalde, Fernando Suárez, anunciou que o mercado semanal dos mércores contará esta semana coa totalidade dos postos que había na súa ubicación anterior. Para o rexedor isto suporá un novo impulso para o mercado ribadense, onde seguirá habendo estritas medidas de protección e de hixiene e onde se deberán manter as distancias de seguridade entre vendedores e compradores. Os postos estarán colocados no aparcamento municipal e na rúa Daniel Cortezón.

Fernando Suárez contou que “logo de ir aumentando o número de postos nestas últimas semanas, desde que cambiamos o mercado semanal dos mércores para a nova ubicación no aparcamento público detrás da Avenida de Galicia, este mércores contamos con celebralo coa totalidade dos postos que había tanto no ámbito agroalimentario como noutro tipo de sectores como o téxtil, etc…”.

... leer más
Etiquetas:
03/06/2020

O Concello de Alfoz decidiu cancelar o Mercado Medieval 2020, festa de recreación histórica prevista para o terceiro fin de semana do mes de xullo, co obxectivo de garantir o cumprimento dos protocolos de prevención de contaxio da Covid-19. 

Nestes protocolos recoméndanse medidas de limitación de aforo e distanciamento social que nun evento das características do Mercado Medieval de Alfoz, cita na que se xuntan artesáns, gastronomía, representacións… e que achega a un gran número de persoas cada ano, fai difícil respectar o cumprimento de todas as recomendacións e garantir así a saúde pública de veciños e visitantes.

Dende as Concellerías de Cultura e Igualdade estase a traballar para reforzar a programación cultural a partir do mes de xullo e ofrecer actividades musicais, teatro, obradoiros… cumprindo as normas...

leer más