Mercado
03/12/2014
Hoxe foi presentada no salón de actos da Casa do Concello de Ribadeo a XII edición do tradicional Mercado do Nadal polo alcalde, Fernando Suárez, e pola concelleira de Desenvolvemento Local e Turismo, Ana Martínez. O Mercado do Nadal 2014 levarase a cabo entre os días 5 e 8 de decembro, coincidindo coa ponte da Constitución, e estará situado por primeira vez e coma gran novidade no entorno da rúa Doutor Moreda. Nel participarán 25 expositores que poñerán á venta produtos manufacturados e artesanais en ámbitos tan diversos coma o coiro, a xoiería, a cerámica ou mesmo a produción de embutidos. Coincidindo co inicio do Mercado do Nadal o venres, 5 de decembro, procederase tamén ao acendido do alumeado destas festas nas rúas de Ribadeo, que será “un chisquiño máis intenso que en anos anteriores”, segundo o rexedor...
leer más