Mercado
Acisa Ribadeo organiza a quinta edición do Mercado de Rúa, que se celebrará os días 25 e 26 deste mes de agosto.
Os 22 establecementos participantes sacarán os seus comercios á rúa. Acisa pretende con esta iniciativa “potenciar as ventas antes de rematar o verán, as tendas aproveitan para sacar os stocks de fora de tempada e tamén presentan os avances do vindeiro outono-inverno. É unha actividade que gusta tanto a soci@s como a clientes”.
Aquelas persoas que se acheguen ao V Mercado de Rúa poderá gozar de descontos e promocións especiais
O presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo, Francisco Iriarte, salienta que “será unha boa ocasión para atopar artigos con interesantes descontos como peche dunha tempada de verán que se animou tarde, por mor...
leer másA alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, presentou a XXVII edición do Mercado Medieval acompañada de representantes das asociacións colaboradoras e dos voluntarios.A rexedora destaca a incorporación de novos contidos, así como unha maior presenza nesta edición de autores locais, como Souto Xímaro, Gaita Escola, Mondrum e a colaboración da Escola de Música, dos voluntarios e de Pasatempo.
A cita, declarada o ano pasado Festa de Interese Turístico Galego, desenvolverase entre o venres 10 e o domingo 12 de agosto cunha ampla programación que recolle animación de rúa, música, actividades de recreación histórica, demostracións e obradoiros para todas as idades, degustacións e venda de produtos da terra. Serán un total de 150 os postos que, engalanados para a ocasión ao xeito da Idade Media, enchan as rúas da cidade que agarda celebrar máis de...
leer másRibadeo acollerá na mañá do domingo, 29 de xullo, un día dedicado ao produto local dentro do Mercado dos Domingos. A actividade está organizada polo Concello de Ribadeo e a Asociación de produtores e produtoras da Horta de Ribadeo A Sucadoira en colaboración coa Aula de Produtos Lácteos de Lugo da USC e o CFEA Pedro Murias.
A concelleira de Desenvolvemento Local, Ana Martínez, sinala que “celebramos este día do produto local no Mercado dos Domingos porque entendemos que é o mellor lugar para comezar a valorar o produto local, por ser o mercado de produtores e produtoras locais onde se achegan directamente os produtos ao consumidor, das persoas produtoras á mesa, poñendo en valor a economía máis próxima e potenciando o consumo de temporada e responsable”.
Durante a mañá do vindeiro domingo, día 29, no Mercado...
leer másOs días 20 e 21 de xullo celebrarase a XX edición do Mercado Medieval de Alfoz, que terá lugar no Castelo do Castro de Ouro.
O mercado abrirá as súas portas o venres, en horario de 21:00 a 02:00 horas, e o sábado de 9:00 a 02:00 h.
Nestas xornadas haberá, entre outras actividades, ruta de sendeirismo, exposicións no interior da Torre, misa en latín, representacións teatrais, espectáculos de rúa, malabares, contacontos, vodas medievais, exhibición de aves rapaces, xogos medievais ecuestres, tiro con arco e degustación de produtos. Para rematar o programa haberá, nunha zona habilitada preto da torre, unha cea medieval con queimada e música folk.
O mercado ambientarase en 1483, ano no que foi apresado o Mariscal Pardo de Cela nas inmediacións da Torre do Homenaxe do Castelo do Castro, e...
leer másA alcaldesa de Mondoñedo, ElenaCandia, participou, xunto cos voluntarios e artesáns, na presentación do cartel do XXVII Mercado Medieval, que se celebrará na localidade os días 10, 11 e 12 de agosto.
Como cada ano o casco histórico encherase de postos de artesanía, alimentación, ambientación e levaranse a cabo numerosas demostracións de oficios tradicionais e espectáculos de animación que deleitarán aos asistentes.
Nos vindeiros días darase a coñecer a programación completa deste Mercado Medieval que organiza o Concello de Mondoñedo e conta coa colaboración da Deputación de Lugo e de Abanca.
Un avance
Este ano volverá haber degustación gratuíta de torresmos e viño e reforzaranse as actuacións musicais e medievais. A rexedora agradece de xeito especial a implicación da Escola de...
Desde a Concellaría de Desenvolvemento Local, Turismo e Comercio explican que “con motivo da celebración do V Ribadeo Indiano os días 6, 7 e 8 de xullo ábrese o prazo para participar cun stand no Mercado Indiano, que terá lugar durante o sábado 7 de xullo. Esta cita constitúe un espazo para a mostra de postos con produtos e mercancías de ultramar e da época así como de oficios que comprenderán finais do S.XIX a principios do XX (produtos da horta chegados das Américas como pataca, pemento, tomate ou millo, doces e pasteis típicos da época, xoguetes, xeados, barquillos, froitas tropicais, chocolates e cacaos, roupa, tocados e camafeos, flores e plantas tropicais, decoración…). As bases e solicitude de inscrición pódense consultar en: http://ribadeo.sedelectronica.gal/
E engaden que “asemade o...
leer másO Concello súmase á campaña internacional Quere o teu mercado con diversas actividades, que terán lugar o vindeiro sábado, día 26, na praza de abastos.
Segundo explica a concelleira de Desenvolvemento Local, Turismo e Comercio, Ana Martínez, “co obxectivo de apoiar, promocionar e visibilizar o papel dos mercado na nosa vila, potenciado así a compra do produtos locais e mostrar a profesionalidade dos praceiros e praceiras, o Concello participa na campaña Quere o teu mercado, en colaboración coa Xunta de Galicia”.
Quere o teu mercado (Love your local market), con orixe no Reino Unido, está promovido a nivel internacional pola World Union of Whole sale Markets, e este ano conta coa participación de mercados de España, Reino Unido, Francia, Alemaña, Holanda, Polonia, Italia, Irlanda, Bélxica, Grecia, Dinamarca,...
leer másA alcaldesa de Mondoñedo, Elena Candia, anuncia a posta en marcha dunha campaña de promoción dos mercados dos xoves na localidade coa que se pretende incentivar tamén o comercio local.
A través de distintos soportes, como os medios de comunicación ou as redes sociais, o Goberno local destinará esta acción a poñer en valor as alternativas para mercar, así como as de ocio que ten Mondoñedo. Trátase, segundo explica a rexedora, de facer unha campaña “que conciencie da importancia de mercar no comercio local e capaz de atraer visitantes, nomeadamente para potenciar os mercados dos xoves”.
Desde o Concello destacan a importante variedade de produtos que se poñen á venda neses mercados, todos de primeira calidade. Á froita, produtos da horta, roupa, entre outros, vén de engadirse hai un ano un servizo de pulpeiro,...
leer másA praza Conde de Fontao, de Foz, acollerá un mercado de artesanía esta Semana Santa, concretamente desde o xoves, 29 de marzo, ata o domingo, 1 de abril.
É a primeira edición deste evento, que organiza o Concello de Foz e no que haberá unha vintena de postos nos que se exporán e se porán a venda diferentes produtos artesáns.
Ademais haberá espectáculos de maxia e inchables.