Ultramar
O Concello ven de abrir o prazo de inscrición para participar na sétima edición do Mercadiño de Ultramar e no novo espazo gastronómico, que se desenvolverán dentro do Ribadeo Indiano.
O concelleiro de Turismo e Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, sinalou que “un ano máis o Mercadiño de Ultramar terá lugar dentro da VII edición do Ribadeo Indiano, que este ano estará dedicado ás mulleres, tanto ás se foron como ás que quedaron. O Mercadiño de Ultramar desenvolvérase o sábado 9 de xullo e pretende traer unha recreación e mostra de produtos e mercancías de ultramar así como de oficios de época. Terá horario continuo dende ás 11:00 da mañá ata a finalización do Festival de Habaneras, que será aproximadamente sobre as dez da noite”..
As persoas que desexen participar poderán presentar a súa solicitude ata o día 22...
leer másUn ano máis o mercadiño indiano constituirá un espazo dentro do VI Ribadeo Indiano para a mostra de produtos e mercancías de ultramar e da época así como de oficios.
O mercado desenvolvérase na Rúa San Roque durante o día 13 de xullo en horario continuo desde as once da mañá ata a finalización do Festival de Habaneras, que será aproximadamente sobre as dez da noite.
A organización deixará que cada stand contemple a posibilidade de pechar en horario de mediodía de 15:00 a 17:00 horas, neste caso a vixilancia e seguridade correrá a cargo dos expositores/as.
En todo caso será obrigatorio manter a apertura dos postos de 11:00 a 15:00 horas e a partir das 17:00 ata a finalización do Festival de Habaneras, que se desenvolverá na mesma rúa.
As persoas que desexen...
leer más