Festa
Trabada celebrará a Festa da Primavera o domingo 21 de abril cunha comida baile organizada pola asociación cultural O Picato.
Será no pavillón municipal de Trabada a partir das 13:00 horas e estará amenizada polo dúo Epo-K. Haberá sorteos despois da comida.
Os tickets para asistir están á venda no Mesón Camiño Norte ata o 19 de abril.
A asociación cultural O Picato, de Trabada, renovou a totalidade dos cargos da directiva, que agora está formada por: presidente, José María Fernández Vázquez; vicepresidenta: Nuria Fernández García; secretaria, Mercedes García Pérez; tesoreira, Xenia Uz Quirós; e os vogais son Julio González Romeu, María Concepción García Fernández, Servanda Yanes Cancio, Anastasia Quintana Fernández, Ana Varela Teijo e Thor Alberich Gómez.
...
leer másO Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, asinou este xoves un acordo de colaboración co Alcalde de Trabada, Rubén García Freije, para impulsar a celebración da quinta edición da Festa Gastronómica da Enfariñada, que se celebrará o vindeiro día 5 de maio.
O mandatario provincial resalta a importancia desta festa que combina tradición con cultura e que pon en valor este prato típico, dándoo a coñecer dun xeito gratuíto para o conxunto da sociedade. “Esta cita naceu no 2015 e xa ten unha gran aceptación. De feito, o ano pasado servíronse máis de 700 racións, o que dá boa mostra do gran traballo que fan dende o Concello e tamén dende a veciñanza para facer desta festa un atractivo máis de Trabada que contribúa á dinamización social e económica”, indicou José Tomé.
A institución provincial achegará 10.000€...
leer másO vindeiro sábado, 6 de abril, volve o berberecho a Foz, marisco que para os foceg@s é o chícaro. É unha cita que dende o pasado ano se sitúa na semana seguinte á semana santa. O alcalde de Foz, Fran Cajoto, explica que “foi un ano difícil para o sector do marisqueo e dende Foz queremos continuar contribuíndo a que se consuma produto do mar, mostrando ao mundo o marabilloso sabor que ten grazas á sempre inestimable colaboración dos ciclos de Hostalería do IES de Foz”.
O programa da XXII Festa do Berberecho combina a cultura mariñeira, a gastronomía e a historia de Foz.
O venres 5 o primeiro evento será ás 19:30 horas no salón de actos do CENIMA, coa charla titulada Interpretación toponímica da costa de Foz. II Parte: de Llas á Pampillosa, a cargo de Xesús do Breogán; para a continuación poder gozar dos cantos de...
leer másO 29 de marzo terá lugar en Rinlo a primeira degustación de mexillón, que organiza a asociación de veciños O Cantal coa colaboración do Concello de Ribadeo. Será na praza de San Pedro a partir das 12:30 horas. Haberá carpa, música, bar e 300 quilos de mexillóns para degustar.
O alcalde, Dani Vega, dixo que “Rinlo prepárase para celebrar a primeira degustación do mexillón, unha nova festa que queremos potenciar dende o Concello. E agradecémoslle á asociación de veciños O Cantal todo o seu traballo, a súa proposta e a ilusión que está trasladando para impulsar iniciativas en beneficio de Rinlo e de todos”.
Para o rexedor “apostar por degustacións de produtos do mar é algo moi importante. Estamos apoiando a todo un sector e tamén impulsando e publicitando os produtos do mar. Polo tanto hai que agradecerlles o...
leer másTodo está listo en Xove para a celebración da XX Festa do Polbo, que organizan os hostaleiros coa colaboración e co patrocinio do Concello xovense.
A cita dará comezo a partir das sete da tarde. Participan os seguintes locais hostaleiros: Bar Pepe, Cafetería A Roda, Pulpería Bar Cociña, A Fuga, O Refugio, Onde Sempre e La Cívica. O prezo da ración será de 15 euros.
Haberá animación polos locais participantes a cargo da Batukada da Charanga A Choca, de Ribadeo.
San Ciprián acollerá o próximo 30 de marzo a II Gran Festa das Xeracións, organizada polo club de trail local A Fume de Carozo coa colaboración do Concello de Cervo.
A cita, que terá lugar na carpa instalada na Praza dos Campos, en San Ciprián, foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, o edil de Deportes, David Rodríguez, e polos membros de A Fume de Carozo, Pepín, Beto e Marcos.
Tal e como precisan desde a organización, esta Festa das Xeracións, que vai xa pola segunda edición, naceu como un complemento ás actividades deportivas que promoven desde este club de trail “como unha xornada de convivencia e de reencontros entre persoas da mesma xeración, que se irán acomodando en función da década de nacemento; e mesmo é un aportunidade para forxar novas amizades, porque o evento está aberto a toda a...
leer másA Área de Cultura do Concello de Alfoz organiza para esta Semana Santa, concretamente o mércores 27 de marzo, unha festa infantil “para que os máis novos desfruten con inchables, globoflexia, xogos xigantes, e sorpresas. A entrada é libre e de balde e a actividade está dirixida a todos os nenos e nenas que queiran vir pasar a tarde con nós”.
Será no pavillón municipal de Alfoz de 16:30 a 20:30 horas.
A parroquia ribadense de Rinlo celebrará unha festa gastronómica dedicada ao mexillón o 29 de marzo, día de Venres Santo.
O evento, organizado pola asociación de veciños O Cantal na praza de San Pedro, empezará ás 12:30 horas e contará coas actuacións do DJ Alejandro Martínez e do cuarteto tradicional Illa Pancha.
A asociación de veciños O Cantal anuncia: “o reloxo Canseco está en conta regresiva para a gran festa gastronómica de exaltación do mexillón que imos a celebrar no noso fermoso pobo mariñeiro de Rinlo o día 29 de marzo (Venres Santo) a partir das 12:30 horas na nosa praza de San Pedro”.
A parroquia de Vilaouruz, no concello de A Pontenova, celebrará a Festa da Pascua o sábado 30 de marzo.
A partir das 14:00 horas haberá sesión vermú e ás 20:00 horas empezará una sesión de tarde noite amenizada pola orquestra Stereo Music Show.