Festa
Cervo daralle a benvida ao 2024 cunha festa na Praza dos Campos, en San Ciprián. Na carpa alí instalada haberá animación musical a partir das 01:30 horas a cargo de Alma Latina e DJ Medusa.
O Concello de Riotorto, coa colaboración de asociacións veciñais e culturais do municipio, organiza un baile de fin de ano, que terá lugar no centro sociocultural Avelino Díaz, nas Rodrigas, a partir da unha da madrugada do día 1 de xaneiro de 2024. A entrada é gratuíta.
Haberá verbena amenizada polo dúo Belinda, servizo de bar e ás 05:30 horas servirase chocolate gratis.
O local das Asociacións da Pontenova acollerá unha festa de aninovo para dar a benvida ao 2024. Está organizada polo colectivo Centro de Iniciativas Turísticas coa colaboración do Concello da Pontenova.
Empezará á unha da madrugada do día 1 de xaneiro e haberá música a cargo de DJ Bombardero.
A Área de Cultura do Concello de Alfoz, organiza para despedir o ano e desfrutar das vacacións de Nadal, unha festa infantil-xuvenil os días 29 e 30 de decembro no Pavillón Municipal.
“De 17:30h a 20:30 horas teremos inchables, xogos, o 29 Touro Mecánico e o 30 Láser Tac para todos, de xeito totalmente gratuíto e sen inscrición previa”, explican desde Cultura.
O Concello de Burela organiza, coa colaboración da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos da localidade, unha festa denominada Feliz 2024. Será desde as doce e media da noite ata as cinco da madrugada do 1 de xaneiro na Praza da Mariña baixo carpa.
Haberá música en directo co dúo D´Vicio e un DJ e unha barra de bar xestionada por socios de ACIA Burela.
Acisa ven de presentar a XIII Festa do Comercio. A campaña desenvolverase do 1 de decembro de 2023 ao 13 de xaneiro de 2024. Nesta edición repartiranse 6.000 euros en premios.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, dixo que “hoxe presentamos a campaña da XIII Festa do Comercio, que se desenvolverá desde este venres, 1 de decembro, ao 13 de xaneiro. Ese día será o sorteo presencial na carpa situada este ano na Avenida Rosalía de Castro no que repartiremos 6.000 euros en premios, a cifra máis alta que destina a asociación á nosa campaña anual máis importante. Todas aquelas persoas que fagan as súas compras no comercio asociado a Acisa Ribadeo recibirán as papeletas para participar no sorteo. En total póñense en circulación 170.000 rifas, que son 20.000 máis que na pasada edición”.
O xerente da asociación, Jesús...
leer másA Asociación Cultural Musical Dambara, de Burela, organiza a Festa da Música, que se celebrará este sábado, 25 de novembro desde as 13:00 horas ata a noitada.
Neste evento, que terá lugar na Praza da Mariña e está patrocinado pola Delegación de Cultura do Concello de Burela, actuarán 17 formacións musicais e tamén haberá Foliada Libre, Noitada DJ, xantar ás 14:30 horas e cea ás 21:00 horas.
Veciñas de A Lama, O Cadabal e Vilela organizan para o día 18 de novembro, sábado, varias actividades na honra de San Román nesa parroquia do concello de O Vicedo.
Ás 13:00 horas celebrarase unha misa cantada na igrexa de San Román do Val. A continuación haberá procesión e despois sesión vermú no chiringuito Area Grande, baixo carpa, amenizada polo grupo Intervalo, que tamén actuará na festa, que empezará á noitiña.
O restaurante Area Grande e a asociación de veciños de San Román colaboran neste evento “con intención de promover a convivencia e a integración social de todos os veciños da parroquia nunha data tan sinalada”.
Burela celebrará a oitava edición da Festa da Castaña con foliada o 11 de novembro, sábado, na Praza da Mariña. Está organizada polo Concello de Burela a Sociedade Cultural e Recreativa Ledicia e Os Asadores.
As actividades empezarán ás 12:00 horas con cantos de taberna; de 17:00 a 19:00 horas haberá obradoiros de regueifa e baile, ademais de xogos populares para nenos. O reparto de castañas e bolos preñados con auga ou viño empezará ás 18:30 horas, a foliada será desde as 19:00 e ás 21 horas empezarán os concertos de Grileiras, Pan.Sen.Fron, Os Carecos e Medio Quinhon.
A asociación cultural deportiva Pequenos Pasos, de Landrove (Viveiro), organiza a sétima edición da Festa Labrega os días 13 e 14 de outubro, venres e sábado. O campo da festa estará no atrio de Landrove, onde se instalará unha gran carpa.
As actividades empezarán o venres ás 21:00 horas co prendido da chama olímpica. A partir das 21:30 repartirán boliños preñados gratis e ás 22:00 horas actuará Amigos do Folk.
O sábado os actos comezarán ás 13:00 horas con sesión vermú amenizada polo trío Zafiro e os asistentes poderán degustar pinchos labregos de tortilla, que venderán a 3 euros para os socios do colectivo organizador da festa e a 4 euros para os que non pertencen á asociación. Ás 16:00 horas comezarán as sextas Olimpíadas Rurais e ás 20:30 actuará o grupo Espera que vou mexar. A partir das 21:00 horas...
leer más