O Concello de Riotorto organiza a Festa Celta, que se celebrará o 3 de agosto. Esta cita promete ser unha xornada chea de actividades e entretemento para todas as idades.
Ás 14:30 comezará o servizo de comida, cun delicioso menú que inclúe pulpo, churrasco, empanada e tarta de Riotorto, todo servido pola Pulpería Suso. Ao longo da tarde sucederanse diversas actividades de animación para amenizar a xornada. Ás 21:00 horas darán comezo as actuación musicais coa participación de BI Outeiro Gaiteiros-Tradigalu, Tanto Nos Ten e Gaiteiros de Riotorto. Por último, ás 00:30 horas gran queimada popular para todos os alí presentes.
A Festa Celta de Riotorto é unha ocasión ideal para gozar da gastronomía, a música e a cultura galega nun ambiente festivo e acolledor.