Festa
O Concello de A Pontenova organiza a oitava edición da Festa da Malla, que se celebrará este sábado, 24 de agosto.
As actividades empezarán ás 12 do mediodía co comezo da malla e ás 13:30 horas haberá sesión vermú co trío Zafiro. Ás 14:30 horas terá lugar unha comida para a cal hai que recoller os tickets antes deste xoves, 22 de agosto.
Despois de comer, ás 17 horas continuará a malla e de 20:30 a 21:30 horas haberá música a cargo de DJ Bombardero, que tamén actuará na verbena xunto ao trío Zafiro.
Un ano máis Celeiro de Mariñaos xa ten todo listo para a Romaría do San Caetano e a XXVII Festa da Tortilla.
O sábado, 17 de agosto (Festa da Tortilla), comezará o festexo coa presentación das tortillas no campo da festa das 11:30 ás 13:30 horas. Despois, ás 13:30 horas misa na capela e procesión. A partir das 14:00 horas, sesión vermú co Cuarteto Tradicional Xarmolo e co grupo Toxo Guayaba, que presentará música cubana con alma galega. Ao ritmo da música desgustarase a tortilla. Ás 19:00 horas, Brais das Hortas actuará co espectáculo Consertasso na horta. Unha hora máis tarde, xogos tradicionais e ás 22:00 horas chegan as mellores versións da man de Dúo Bela e Charlo. A continuación, sesión DJ, baile do farolillo, entrega de premios e chocolatada.
O domingo, 18 de agosto, a gran sesión vermú dará comezo ás 13:30...
leer másA área recreativa Obispo Santo, de Forxán (Foz), acollerá o vindeiro 15 de agosto a II Festa do Mexillón, que conta cun 100% de produto galego.
Os asistentes poderán degustar un rico menú que inclúe mexillóns, empanada, auga ou viño, requeixo e café nunha carpa con servizo de bar. Dito menú ten un custo de 15 euros. Ademais haberá DJ, colchonetas infantís gratuítas e unha gran actuación musical.
O evento dará comezo ás 14:00 horas.
Os tíckets pódense adquirir nos establecementos membros da asociación: Bar O Candil (San Martiño), Bar Escairo (Marzán) e Mercacartuchos (Foz). Para máis información, as persoas interesadas poden chamar ao número 982 87 74 46.
A Asociación Cívico Cultural Obispo Santo conta coa colaboración do Concello de Foz, da Deputación de Lugo,...
leer másAs Anzas, lugar da parroquia ribadense de Covelas, celebra a festa na honra á Virxe da Asunción este xoves, día 15 de agosto.
As actividades empezarán ás 13:00 horas con misa solemne e procesión. A continuación haberá sesión vermú amenizada por Jaime Paredes, que tamén actuará na verbena xunto ao dúo Belinda.
A vila ribadense celebrará a festa do seu patrón, San Roque, o día 16 de agosto, venres.
As actividades comezarán ás 11:00 horas coa saída dos Cocos e cabezudos, acompañados polo grupo de gaitas Illa Pancha. Ás doce do mediodía celebrarase misa solemne e a continuación haberá procesión seguida de concerto da Banda Municipal de Música de Ribadeo. A partir das 14:00 horas terá lugar sesión vermú co dúo Venus, que tamén actuará na verbena xunto ao grupo Fénix e de rematar a festa encargarase o DJ Litainer.
A parroquia de Castro de Ouro, no concello de Alfoz, celebra a festa na honra a San Salvador este domingo, 11 de agosto. Este festexo recupérao a asociación veciñal Castrodouro, que anuncia: “esta fin de semana hai unha nova cita cunha das festas máis queridas do noso pobo: o San Salvador. Igual é porque deixou de celebrarse durante moito tempo e cando se fixo foi de forma intermitente. Tamén porque moita xente ten conexión co Castro e fai o posible por regresar nestas datas. E é que cando temos San Salvador todo o mundo é un chisco da nosa parroquia”.
As actividades comezarán ás 13:00 horas con misa solemne e despois haberá procesión e sesión vermú, a cargo do dúo Belinda. Ás 15:00 horas empezará unha comida campestre e a partir das 18:00 horas haberá sesión de tarde amenizada polo dúo Belinda.
A Xunta apoia a Festa dos Chóferes de Alfoz, que se celebra esta fin de semana – do venres 2 ao domingo 4 de agosto - organizada un ano máis pola asociación cultural e xuvenil O Castelo.
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, participou na presentación das actividades, que comezan mañá venres a partir das 23,00 horas coa actuación da orquestra New York e unha discoteca móbil. O sábado as formacións Stéreo e Miramar tocarán nas verbenas que haberá pola mañá e pola noite. Pola tarde o campo a festa acollerá xogos populares.
Por último, o domingo día 4 terá lugar a tradicional procesión de vehículos polas parroquias de Alfoz – 11,00 horas - ; e haberá animación musical co grupo Montreal, entre outras actividades.
Os días 2,3 e 4 de agosto Alfoz celebra a tradicional Festa dos Chófers. Durante tres días os asistentes poderán gozar dunha ampla variedade de actividades, música e celebracións.
O venres, 2 de agosto, a partir das 23:00 horas comezará a verbena coa discoteca móbil Eventec e a orquesta New York.
O sábado, 3 de agosto, ás 13:00 horas, terá lugar a misa solemne, seguida da sesión vermú coa orquesta Stereo. A partir das 23:00 horas a festa contará coas actuacións das orquestras Stereo e Miramar.
O domingo, 4 de agosto, ás 11:00 celebrarase a procesión de vehículos polas parroquias do concello. Ás 13:00 horas haberá misa seguida pola bendición de vehículos, con premios para os mellores de cada categoría. Posteriormente, terá lugar a sesión vermú co grupo Montreal e, para rematar, a verbena...
leer másCervo será o escenario da XVII Festa do Ovo Frito o mércores 14 de agosto. A cita está organizada polos colectivos Airiños do Xunco e Cabaleiros da Bidueira, coa colaboración do Concello, e foi presentada pola alcaldesa, Dolores García Caramés, a concelleira Mali Méndez, o edil Alfredo Fernández e unha representación destas dúas asociacións que se encargan desta tradicional cita do verán cervense, que “cada ano reúne a milleiros de persoas que se achegan ata as inmediacións da Praza do Souto para degustar este manxar”.
Desde a organización precisan que se comezarán a servir as racións de ovos, patacas, chourizo, pan e bebida a partir das 20:00 horas, a un prezo de 7 euros.
A cita estará amenizada pola Charanga Europa e pola Disco Móbil Conxuro e teñen previstos 8.000 ovos e 4.000 chourizos, que se prepararán en...
leer másFoz celebrará o vindeiro mércores, 24 de xullo, na Praza Conde de Fontao (na explanada do porto) a 3ª edición da Festa do Colesterol, unha xornada dedicada á boa comida e á música en directo.
O evento contará cun menú composto por ovos fritos, chourizo, pan e patacas, acompañado de auga ou viño. Ademais, a partir das 21:00 horas a praza encherase de música coa actuación de Asociación Saiñas, que promete poñer ritmo á velada.
A Festa do Colesterol está organizada pola asociación Normanda Foz coa colaboración do Concello focego e Tradigalu.