Negradas, no Vicedo, celebra a festa de San Antonio este sábado, 8 de xuño

A parroquia de Negradas, no concello do Vicedo, celebrará a súa festa na honra a San Antonio este sábado, 8 de xuño.

As actividades empezarán ás 13:00 horas con misa cantada, seguida de procesión e despois haberá sesión vermú co grupo Ritmo, que tamén actuará na verbena xunto á orquestra Gran Parada.

Haberá amplo aparcamento gratuíto e pista de baile cuberta.