O Concello de Cervo convida a veciñanza a visitantes a gozar do San Xoán de San Ciprián da man de A Rebolaxe

O día 23 de xuño, domingo, San Ciprián será o escenario dunha gran festa de San Xoán da man de A Rebolaxe, coa colaboración do Concello de Cervo.

O evento, que terá lugar no aparcadoiro do estanco na Praia do Torno, foi presentado pola alcaldesa, Dolores García Caramés, o edil de Zona Rural, Adrián Arias, e unha representación do grupo A Rebolaxe, no auditorio da Casa da Cultura, onde realizan os seus ensaios.

A cita arrincará ás 13:00 horas cunha sesión vermú a cargo de Mi Rollo es el Rock, durante a que se servirán hamburguesas á grella.

A partir das 18:00 horas haberá xogos populares e desde as 19:30 horas ofrecerán bocadillos de touciño, chourizo e salchicha acompañados polo son das gaitas.

Ás doce da noite acenderase o tradicional lume de San Xoán.

A alcaldesa quixo loar o traballo realizado por esta asociación á hora de dinamizar o noso concello, “enchendo de música e de alegría cada recuncho que pisan” e convidou a veciños e visitantes a participar nas actividades programadas neste día de Festa.