Recollida de xoguetes

27/11/2014
O Concello de Barreiros organiza dúas campañas solidarias dirixidas a beneficiar ás familias máis necesitadas do municipio. Unha consistirá na recollida de alimentos e a outra na recollida de xoguetes.

 

O Concello pon en marcha dúas campañas solidarias para recoller alimentos e tamén xoguetes, segundo informa o alcalde, Alfonso Fuente Parga. Están organizadas polo departamento de Servizos Sociais, a través da Rede de Voluntariado Local, e en colaboración coa Barreiros conta cun banco de alimentos “coa finalidade de cubrir as necesidades básicas como a alimentación naquelas unidades de convivencia do noso concello que o precisen. Durante o que resta deste mes de novembro e en decembro recollerase comida non perecedoira a curto prazo e produtos básicos como xel, champú, pañais, etc”. As persoas interesadas en colaborar con esta campaña poder depositar a súa axuda nos CEIP de San Miguel de Reinante e de San Cosme de Barreiros, nos supermercados Eroski e Gadis e tamén no roupeiro municipal. Neste último caso só os venres...

leer más