Festa
A parroquia de Xerdiz, no concello de Ourol, celebrará a festa na honra a San Antonio esta fin de semana: o venres 14 e o sábado 15 de xuño.
As actividades empezarán este venres ás 20:00 horas con degustación de pinchos, empanada, callos e chourizos á brasa, coa música dunha discoteca móbil.
E o sábado 15 ás 13:30 horas celebrarase misa solemne seguida de procesión e sesión vermú amenizada polo grupo Lecer, que tamén actuará na verbena xunto ao trío Bahía con José Costas.
A parroquia de Bacoi, no concello de Alfoz, celebrará a súa festa na honra de San Antonio este domingo, día 9 de xuño.
As actividades empezarán ás 13:00 horas con misa solemne e despois haberá procesión e sesión vermú amenizada polo dúo Epo-K. A continuación haberá unha comida veciñal, que se desenvolverá baixo unha carpa instalada no adro da igrexa. E a partir das 18:00 horas volverá a música do dúo Epo-K.
Esta festa está organizada pola Asociación de Veciños de Bacoi coa colaboración do Concello de Alfoz.
A parroquia de Negradas, no concello do Vicedo, celebrará a súa festa na honra a San Antonio este sábado, 8 de xuño.
As actividades empezarán ás 13:00 horas con misa cantada, seguida de procesión e despois haberá sesión vermú co grupo Ritmo, que tamén actuará na verbena xunto á orquestra Gran Parada.
Haberá amplo aparcamento gratuíto e pista de baile cuberta.
A parroquia de Frexulfe, no concello do Valadouro, celebrará as súas festas na honra ao Corazón de Xesús días 7 e 8 de xuño.
O venres 7 a partir das dez da noite haberá churrascada, torrezmada e chourizada; e despois será a verbena amenizada polos dúos La Hora Bruja e Belinda.
E o sábado 8 celebrarase misa solemne ás 13:30 horas e a continuación procesión e sesión vermú co grupo Lume.
O campo estará cuberto con carpa.
Fontangordo, lugar da parroquia pontenovesa de Vilaboa, celebrará a súa festa romaría na honra de San Bernabé este sábado, día 1 de xuño.
Os actos empezarán ás 13:30 horas co misa solemne. Despois haberá sesión vermú amenizada polo grupo Los Adrianos, que tamén amenizará o baile verbena, de 20:00 a 22:00 horas.
A parroquia de Landrove, no concello de Viveiro, celebrará as festas de San Martín Castelo os días 18 e 26 de maio
Este sábado, día 18, comezarán as actividades ás 13:30 horas cunha misa solemne cantada polo coro parroquial, seguida de procesión. Despois haberá sesión vermú amenizada polo grupo Alma Latina, que tamén actuará na verbena xunto á orquestra Supertop.
E o domingo 26 ás 11:00 horas sairase da igrexa de Landrove cara á ermida pola ruta do Viacrucis e ás 13:30 horas celebrarase unha misa. A continuación actuará un dúo musical.
Estes festexos están organizados pola Comunidade de Montes San Martín Castelo e Fraga Moura, que anuncia que campo da festa estará cuberto con carpa.
A Festa da Enfariñada cumpre a súa quinta edición este domingo, 5 de maio, con diferentes actividades e un mercado de produtos locais que comezarán ás 12:00 horas na praza do Concello. Haberá tamén actuacións do Cuarteto Tradicional Xaramolos, de Rebeldía e de Breo.
O alcalde, Rubén García, explica que este evento é “unha homenaxe a un prato típico de Trabada como é a enfariñada, con veciños e veciñas que a cociñarán, degustacións, música tradicional e un mercado de produtos de proximidade”.
Xove celebrará a súa Festa das Flores o día 18 de maio, sábado, desde as 10:30 horas, cando se abrirá o mercado tradicional.
A partir das 11:30 horas haberá pasacalles coa Asociación Cultural Saíñas e a charanga NBA e demostración de oficios tradicionais. Ás 13:00 horas celebrarase misa solemne coan ofrenda floral á Virxe e ás 14:15, sesión vermú co grupo Rubí. Tamén haberá obradoiros de cerámica e de flores, para nenos e nenas, actuará Caxoto ás 18:00 horas e ás 22:00 horas empezará a verbena co grupo Rubí e Discomóbil Conxuro, para rematar cunha queimada popular.
A organización, que corre a cargo do Concello de Xove e da Asociación de Festejos Montevelle, anuncia: “o sábado 18 de maio celebramos a primavera en Xove coa Festa das Flores ou Fillas de María: Mercado tradicional, pasarrúas, obradoiros, contacontos,...
leer másAs actividades da XLIV Festa da Troita desenvolveranse na Pontenova os días 30 de abril e 1 de maio.
O martes 30 de abril ás 19:00 horas inaugurarase a escultura da troita máis grande do mundo e media hora despois as novas pedras de honra no Paseo do Pescador. Para as 21:00 horas está programada a entrega de varias distincións e media hora máis tarde no salón de actos da Casa da Cultura terá lugar o pregón a cargo de Odile Rodríguez de la Fuente, que é a presidenta da Fundación Félix Rodríguez de la Fuente. Ás 22:00 farase a apertura da caseta e degustación de troitas e empezará a verbena amenizada polas orquestras Cinema e Capitol.
O 1 de maio ás 09:00 horas comezarán os concursos de pesca, que rematarán ás 13:30, hora á que empezará unha macro sesión vermú coa orquestra Trébol. Ás 14:30 horas disputarase o III...
leer másA parroquia focega de San Acisclo celebra a Festa da Xuventude o día 26 de abril, venres a partir das 20:00 horas.
Será no campo da festa, onde se instalará unha carpa, e actuarán os grupos Lume e Montreal. Ademais haberá degustación de churrasco, chourizos e pan, a un prezo de 15 euros por persoa.
Esta festa está organizada pola asociación de veciños Río Ouro e colabora o Concello de Foz.