Cantos de Taberna
A asociación Gaita Escola de Mondoñedo organiza este sábado, 9 de setembro, a “XI Xuntanza de Cantos de Taberna”.
O encontro terá lugar ás 20:00h, onde 13 grupos de diferentes puntos de Galicia cantarán e tocarán polos bares e tabernas da vila. Nesta edición propoñen iniciar a xornada cun obradoiro de iniciación ao baile tradicional que se impartirá ás 17:30h na Praza do Concello.
É unha actividade aberta a todos os públicos e de balde, onde se poñerán en práctica os principais puntos de muiñeira e xota. Pero aínda hai máis, Gaita Escola convida a seguir a festa cunha foliada aberta na Praza do Concello a partir das 00:00h onde todo o mundo ten cabida para tocar, bailar e gozar coa música tradicional.
A organización quere agradecer á hostelería mindoniense a súa participación: A Cova,...
leer másO XIII Ribadeo de Tapeo desenvolverase do 11 ao 20 de maio en 44 locais hostaleiros do municipio. Cociñeiros como Yayo Daporta, Gonzalo Pañeda e Lucía Freitas formarán parte do xurado profesional que elixirán as mellores tapas o 21 de maio. Será no hotel restaurante Voar e só concorrerán a esta cita os establecementos que o desexen. O público tamén elixirá a mellor tapa e a mellor barra entre os 44 que participan nesta cita gastronómica. Haberá ademais cantos de taberna, sobremesas musicais e tapas gastro accesibles.
A concelleira de Turismo, Ana Martínez, lembrou que “hai trece anos o Ribadeo de Tapeo se presentaba como unha novidade na comarca, un concurso de tapas onde un gran número de establecementos do concello participaban neste evento. E hoxe xa é todo un clásico, está consolidado, e ademais foi provocando unha serie de reaccións,...
leer más