Valiño, en Mondoñedo, celebra a festa de San Antonio de Padua este sábado, 15 de xuño

O lugar do Valiño, na parroquia mindoniense dos Remedios, celebrará a súa festa na honra a San Antonio de Padua este sábado, 15 de xuño.

As actividades empezarán ás 12 do mediodía con misa e despois haberá procesión e sesión vermú, co dúo Crazy, que tamén amenizará a verbena xunto ao grupo Fusión Latina.