O CF Celta Barreiros organiza unha festa do mexillón este sábado, 20 de xullo

Este sábado, día 20 de xullo, ás 19:00 horas dará comezo a primeira festa do mexillón organizada polo Club de Fútbol Celta Barreiros. Será no campo de fútbol O Cascabeiro, en San Cosme de Barreiros.

Os organizadores anuncian que haberá “música en directo co grupo En faldas y a lo loco e despois actuará o gran Dj Puzzle. Aparte dos mexillóns haberá empanadas e xamón cocido para que non pasedes fame”.