San Cibrao
O artista plástico Caxigueiro falará da súa obra no Museo Provincial do Mar, de San Cibrao (Cervo) este sábado, día 5 de abril. A charla, titulada Linguaxes na obra de Caxigueiro, será ás 17:30 obras.
A Rede Museística Provincial de Lugo anuncia: “repasaremos as linguaxes que transitaron a súa obra e proceso creativo até hoxe; así como a reivindicación a través da arte daquilo que nos é propio, como é a nosa lingua. Escoitaremos a arte na lingua e veremos a lingua na arte da man do propio artista”.
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora un ano máis coa asociación A Rebolaxe na organización da Foliada Nordestía, que se celebrará o 12 de abril en San Cibrao, no concello de Cervo. O deputado de Mocidade, Daniel García, participou na presentación do programa deste encontro de música tradicional, que contará cos concertos de Tumba e Dálle, Xisco Feijóo e A Requinta da Laxeira na Praza dos Campos.
Daniel García valorou “o traballo de A Rebolaxe na conservación e na difusión da música tradicional coa organización desta foliada, pero tamén ao longo de todo o ano como agrupación musical e como promotora de aulas de música tradicional. Se podemos disfrutar desta xornada de Foliada,e polo traballo continúo e de base que mantén vivo o interese por ese patrimonio”.
A xornada comezará cos Cantos de Taberna, no...
leer másO artista Juanel Ponte Forest entregou ao Museo do Mar, de San Cibrao (Cervo), un retrato de Sagrario Martínez López, mestra da antiga escola de San Cibrao que deu orixe ao Museo. O vicepresidente da Deputación Efrén Castro, acompañado pola xerente da Rede Museística Provincial, Encarna Lago, recibiron a obra: un debuxo en carbón e xiz branca, que o artista mariñao realizou seguindo fotografías recentemente localizadas polas súas alumnas, a partir das pescudas realizadas polo persoal do Museo. O retrato situarase na sala de entrada do Museo do Mar, onde un pupitre e fotografías históricas lembran o uso orixinal do edificio, construído en 1931 co mecenado de Manuel Goñi Maíste e José María Montenegro, emigrantes na Arxentina, para albergar a escola unitaria, que contaba cunha parte feminina e outra masculina.
A obra, que o artista doou ao...
leer másA Casa da Cultura de San Cibrao, no concello de Cervo, acollerá a charla titulada Tecedoras de memoria. Desenterrando historias nas fosas franquistas de Galicia. Será o día 14 de febreiro, venres, ás 19:30 horas, e intervirán as doutoras en Historia Uxía Otero González e Conchi López Sánchez.
Esta actividade está organizada polo Foro Social da Mariña.
Coincidindo co Día Mundial das Persoas Migrantes -18 de decembro-, a
Rede Museística Provincial de Lugo organiza unha xornada con diversas
actividades orientadas á reflexión, o intercambio cultural e a creación
de espazos de encontro, que se desenvolverán no Museo Provincial de Lugo
e na Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos e que dan continuidade ao
programa “Culturas en diálogo” no que os museos provinciais traballan
desde hai máis dunha década fortalecendo lazos coas comunidades
migrantes nas comarcas de Lugo e no resto do país.
Haberá actividades o 18 de decembro entre as 12 da mañá e as 18:30 horas.
Ademais de celebrar a diversidade cultural e sensibilizar arredor desta
temática, a xornada marcará o punto de inicio do proxecto de creación do
Museo da Migración da Rede Museística Provincial de Lugo, un espazo...
Coincidindo cos preparativos para o inicio do curso escolar, a Rede Museística Provincial pon a disposición dos centros escolares a súa programación para o curso 2024-2025, con multitude de propostas tanto presenciais como virtuais elaboradas a partir dos fondos do Museo Provincial de Lugo, o Museo do Mar de San Cibrao, o Museo Fortaleza San Paio de Narla e o Pazo de Tor.
O obxectivo da programación é achegar, un curso máis, o patrimonio conservado nos museos ao alumnado a través dun conxunto de actividades, deseñadas para cada etapa -infantil, primaria e secundaria - a partir da experiencia e da investigación educativa que se desenvolve nos museos provinciais
A deputada de Cultura Iria Castro e a xerente da Rede Museística Encarna Lago presentaron o catálogo de actividades no Pazo de Tor, coincidindo coa...
leer másO Museo Provincial do Mar, en Cervo, acolle cinco novos elementos que serviron como ferramentas de traballo a María del Carmen del Río Martinez, percebeira en Rinlo, Ribadeo. A doante, que participou na mostra “Mariñas, Marosas e Maruxainas” que contaba a historia de 16 traballadoras do mar e da terra, unha por cada concello da Mariña, permite así coñecer o seu oficio a todas as persoas que visiten o espazo provincial.
O material está formado por cinco elementos. Por unha banda están tres utensilios como dispondas e o gancho para coller o percebe e, por outro están o gancho e o saco que se atan á cintura para a recollida deste crustáceo. Esta doazón ven a complementar o traballo das fotografías, asinadas por Germán Limeres, Xosé Reigosa, Ignacio Castro “Nachok” e Lucía Sánchez, que amosan o paso do tempo polas facianas e as mans de...
leer másDentro do programa Noites Alternativas organizado polo Concello de Cervo os días 19 e 20 de agosto, luns e martes, haberá a actividade Chan Interactivo, para maiores de 8 anos. Será na Praza dos Campos, de San Cibrao, desde as 19:00 horas ata a unha da madrugada.
O Concello de Cervo anuncia: “seguimos coas Noites Alternativas cunha divertida e novidosa actividade: Chan Interactivo. Achégate a descubrilo!!!”.
O Museo do Mar de San Cibrao incorporou á súa exposición permanente unha espiña dun bonito de 48 quilogramos doada por Antonio Rey Otero, coñecido como “Ton”, histórico mariñeiro e armador de Foz.
A espiña, procedente dun exemplar de gran tamaño capturado entre as
costas de San Cibrao e Burela, pode verse na Sala 3 do museo , xunto a
restos doutras especies mariñas e obxectos relacionados coas artes e
aparellos de pesca.
Iria Castro agradeceu a xenerosidade de Antonio Rey Otero, sinalando que
"é un orgullo que unha persoa que viviu e coñece o mar e os seus oficios
como poucas decida legar esta peza ao Museo do Mar" e recordou o
"estreito vínculo do Museo coa comunidade xa que os seus fondos proceden
na súa maioría das persoas que cederon pezas, fotografías e a súa
memoria persoal ao Museo".
Renovación museográfica...
leer másA Vicepresidencia da Deputación de Lugo achega a San Cibrao a terceira regata da Copa Deputación de Piragüismo, impulsada pola área de deportes coa participación dos clubs e da Federación Galega de Piragüismo. A proba, que se celebra este domingo 28 de xullo, está organizada polo Club de Piragüismo San Ciprián.
Na proba competirán 195 palistas de diferentes categorías desde prebenxamín ata xuvenil dos seis clubs de augas tranquilas da provincia -Club Kayak de Foz, do CP Urban Hotel Viveiro, CP Altruán de Ribadeo, CP San Ciprián, Club Fluvial de Lugo e Cidade de Lugo-. As saídas faranse de forma escalonada e por categorías a partir das 10.00 horas e ata as 11.30 horas.
O Vicepresidente da Deputación de Lugo e deputado de Deportes Efrén Castro convidou ás afeccionadas e afeccionados a seguir a regata incluída na...
leer más