Xebra!
17/02/2025
Este sábado, día 22 de febreiro, a partir das 12 horas o local da asociación cultural Xebra!, en Burela, acolle unha aula práctica sobre como elaborar pratos típicos da gastronomía caboverdiana, como a cachupa e o cuscuz.
A profesora será Ineida Moreno, que guiará paso a paso sobre a preparación destes pratos, que despois serán degustados en grupo. A actividade está aberta para todas as persoas interesadas e ten un prezo de 10 euros, que inclúe todos os ingredientes e materiais necesarios para a preparación.
Para participar é preciso anotarse antes do xoves 20 de febreiro escribindo ao enderezo electrónico xebraburela@gmail.com ou a través das redes sociais da asociación.