Burela
O Concello de Burela organiza dous obradoiros de solo pelviano que se desenvolverán este venres, día 7 de marzo, e o luns 10, na Praza de Abastos.
“Se es muller e queres coidar da túa saúde pelviana este obradoiro é para ti. Lara Bello, fisioterapeuta especializada en pelviperineoloxía, acompañarate nunha sesión teórico práctica para coñecer e traballar esta parte tan importante do corpo. As datas a elixir son o venres 7 de 10:00 a 12:30 horas ou o luns 10 de 17:00 a 19:30 horas”, anuncia o Concello de Burela.
As prazas son limitadas e para participar hai que inscribirse previamente na Casa do Concello.
Teatro dos Ghazafelhos presentará na Casa de Cultura de Burela a obra titulada As pitas baixo a choiva. Será o día 8 de marzo, sábado, ás 18:00 horas.
É o peza teatral para público familiar de Pepablo Patinho baseada nun relato de Ricardo Carvalho Calero.
O prezo da entrada é de 3 euros.
O Concello de Burela conmemorará o 8M, Día da Muller, con diferentes actividades que comezarán o día 7 de marzo, venres.
Ese día terá lugar ás 13:00 horas na praza do Concello a lectura do manifesto institucional por esta data. Tamén será a proxección do filme galego ‘O Corno’ ás 20:30 na Casa da Cultura.
Así mesmo, o 7 de marzo comezarán os obradoiros “Solo pelviano” na Praza de Abastos de 10:00 a 12:30. A cita repetirase o 10 de marzo de 17:00 a 19:30. En ambos casos o taller estará impartido pola fisioterapeuta especialista en pelviperineoloxía Lara Bello.
Ao día seguinte, o 11 de marzo, será o obradoiro “Coñece a túa peri/menopausia” de 18:00 a 20:00 no salón de conferencias. Impartirá María González Cociña, directora do centro M.
Ambos talleres serán de...
leer másO Concello de Burela organiza este venres, día 28 de febreiro, ás 19:00 horas no Salón de Plenos a presentación do artigo De Carmiña a Dona Carme. É unha peza elaborada pola cronista oficial de Burela, Herminia Pernas Oroza, para a revista galega do ensino Eduga. O texto recolle a traxectoria de Dona Carme Iravedra Otero, figura clave no desenvolvemento educativo e social de Burela no século XX.
No acto estarán presentes a alcaldesa de Burela, Carmela López; o concelleiro de Educación e tenente de alcaldesa, Mario Pillado; a autora do artigo, Herminia Pernas Oroza; a filla da homenaxeada, Águeda Barcia Iravedra, Juan A. Granados Loureda, inspector de educación e director da revista Eduga, e Rira Gradaille Pernas, Doutora en Ciencias da Educación pola Universidade de Santiago de Compostela.
Este evento...
leer másO IES Monte Castelo de Burela acolle ata o 13 de marzo a exposición Galegoza. A canción en galego, impulsada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo "para dar a coñecer ao público máis novo a ampla oferta musical no noso idioma".
O deputado de Mocidade, Daniel García, e o tenente de alcaldesa de Burela, Mario Pillado, participaron na inauguración da mostra na que o comisario e crítico musical Pepe Cunha repasou co alumnado os contidos dos paneis, un percorrido pola música en galego desde os anos sesenta ata a fornada actual. Na presentación subliñouse a traxectoria de artistas da comarca da Mariña, como a focense Ugía Pedreira, que se achegou ata a presentación, ou de Nuno Pico, que foi alumno do centro.
Daniel García valorou a exposición como “unha mostra de que o galego non ten límites, de que en galego se fai música de moitísima...
leer másA Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos (ACIA) de Burela organiza un concurso de disfraces o día 1 de marzo, sábado e repartirá 600 euros en premios: un premio de 300 euros para grupos, un premio de 200 euros para parellas e un premio de 100 para a categoría individual, todos eles en vales de compra de ACIA Burela.
Para participar hai que subir fotos a Facebook ou Instagram disfrazados ceando, tomando algo, bailando, etcétera nalgún dos 14 locais hostaleiros que forman parte desta iniciativa. Ademais a organización explica: “etiquetade a ACIA Burela en Instagram, Facebook ou ambas (non valen historias), selade a tarxeta en 7 dos 14 locais participantes durante o sábado 1 de marzo, con calquera tipo de consumición (un café, unha comida, un viño, cea...). Os premios daranse o domingo despois do desfile na carpa. Os gañadores...
leer másO Concello de Burela abre o prazo de inscrición para dous cursos presenciais gratuítos destinados a mellorar as competencias dixitais da cidadanía, que se desenvolverán desde o 17 ata o 21 de marzo
Estes cursos, que contan con certificación, están deseñados para axudar ás persoas a familiarizarse co uso de internet e as novas tecnoloxías de forma segura e eficiente. A formación terá lugar na Aula CeMIT do Centro de Formación Ocupacional e estará dividida en dúas modalidades segundo a franxa de idade dos participantes.
O primeiro curso, denominado Trámites Electrónicos, está dirixido a persoas de entre 18 e 60 anos e desenvolverase do 17 ao 21 de marzo en horario de 16:00 a 18:00 horas. Os asistentes poderán adquirir coñecementos sobre administración electrónica, banca dixital, videoconferencias e redes...
leer másO Concello de Burela convoca a décima edición do Concurso contra a Discriminación Racial. “A partir do 21 de febreiro e ata o 21 de marzo, poderás presentar os teus traballos en diferentes formatos: debuxos, pinturas, vídeos, lemas ou textos, sempre transmitindo un mensaxe clara contra a discriminación racial. Hai tres categorías: nenos e nenas de 6 a 12 anos; adolescentes de 13 a 17 anos; e persoas de 18 anos en diante. Anímate a participar e a compartir o teu mensaxe por un mundo sen discriminación!”, anuncia o Concello.
Os traballos poden presentarse no Concello de Burela ou por correo electrónico, na dirección integracioninmigrantes@burela.org.
Este sábado, día 22 de febreiro, a partir das 12 horas o local da asociación cultural Xebra!, en Burela, acolle unha aula práctica sobre como elaborar pratos típicos da gastronomía caboverdiana, como a cachupa e o cuscuz.
A profesora será Ineida Moreno, que guiará paso a paso sobre a preparación destes pratos, que despois serán degustados en grupo. A actividade está aberta para todas as persoas interesadas e ten un prezo de 10 euros, que inclúe todos os ingredientes e materiais necesarios para a preparación.
Para participar é preciso anotarse antes do xoves 20 de febreiro escribindo ao enderezo electrónico xebraburela@gmail.com ou a través das redes sociais da asociación.
O Concello de Burela celebrará, este venres 21 de febreiro, a vida e a obra de Rosalía de Castro, con motivo da conmemoración do seu aniversario o 23 de febreiro.
O acto terá lugar a partir das 11:00 no auditorio da Casa da Cultura de Burela, coa participación dos centros educativos públicos do municipio.
Para comezar, a cativada da Escola Municipal de Música de Burela e dos colexios CEIPP Vista Alegre e o CEIPP Virxe do Carme interpretará cancións que musican textos da célebre escritora galega co fío condutor da súa vida.
Logo será a quenda dos centros de secundaria, na que os rapaces e rapazas dos IES Perdouro e do IES Monte Castelo lerán diversos textos de Rosalía, así como un manifesto a prol da lingua galega.
Pola tarde celebrarase unha maratón de lectura de...
leer más