Marítima
O Concello de Viveiro, coa colaboración da Federación Española de Actividades Subacuáticas (FEDAS), organiza as VIII Xornadas Cidade de Viveiro de Historia e Arqueoloxía Marítima, que se celebrarán os días 15, 16 e 17 de novembro. Na presentación das xornadas participaron a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; Jesús Fernández, concelleiro do Mar, e Antón López, delegado da FEDAS no noroeste de España.
María Loureiro destacou que se trata dunha cita consolidada a nivel nacional e internacional, perfecta para "dar a coñecer unha parte moi importante da nosa historia e patrimonio a través de grandes expertos".
A rexedora subliñou que "estas xornadas son o primeiro proxecto español de divulgación incluído no Catálogo de Boas Prácticas da Confederación Mundial de Actividades Subacuáticas, celebrada en Roma en 2023...
leer másEste venres, 28 de xullo, terá lugar a inauguración da exposición “Somos Mar” ás 19.30 horas en Foz, no Cenima. A sociedade cultural A Rula é a organizadora do evento artístico, que será de visita libre no horario do propio Cenima (9 a 14 horas de luns a venres) situado no Paseo da Ribera, 4. Tamén poderá facerse a través dunha visita guiada, na que se convida aos participantes a compartir os seus coñecementos e experiencias.
A mostra pretende dar a coñecer o pasado mariñeiro da vila de Foz dende a emoción do relato da memoria colectiva do pobo, que aparece representada en cada unha das pezas recollidas. Ademais simboliza unha homenaxe a todos os homes e mulleres que fixeron do mar o sustento e parte da identidade da vila.
Tanto a asociación como a propia mostra nace do esforzo de Salustiano Alonso e...
leer másVivemar convida a tódolos colectivos da Mariña que teñan algún tipo de relación co mar e interese polo seu patrimonio a asistir ao encontro de traballo que terá lugar o vindeiro 22 de xullo en Foz.
O obxectivo fixado no anterior encontro foi avanzar na definición e realización dun Catálogo de recursos da Cultura marítima da Mariña e o Cantábrico galego, para o que se artellan tres mesas de traballo segundo a temática, unha para embarcacións, outra para o patrimonio construído e a outra para o inmaterial, é dicir, a memoria das persoas vivas que viviron do e para o mar.
Quen desexe inscribirse deberá cumplimentar o seguinte formulario
https://docs.google.com/forms/d/e/...
leer más