Burela
Burela acollerá un Concerto de Reis a cargo da agrupación musical viveirense Sons de Celeiro. Este recital terá lugar ás 19:00 deste sábado, día 4 de xaneiro, no auditorio da Casa da Cultura. A entrada será de balde e libre ata completar aforo.
O Concello de Burela anuncia que “a agrupación repasará as cancións dos seus tres traballos discográficos editados, lanzados ao longo de xa 12 anos de traxectoria ininterrompida.Trátase dun grupo vocal formado por un total de 14 integrantes. A pesar de que o grupo naceu na parroquia viveirense de Celeiro, conta con varios integrantes procedentes de Burela”.
A concelleira de Cultura, Lina Gómez, anima á veciñanza “a acudir a este concerto como previa ao día de Reis para desfrutar da traxectoria de Sons de Celeiro”.
A Casa de Galicia, en Madrid, acollerá o 23 de xaneiro a presentación da XX Feira Monográfica Náutico-Pesqueira Expomar, das XXXII Xornadas Técnicas e do XXVI Encontro Empresarial de Organizacións Pesqueiras.
O acto dará comezo ás 19:30 horas e contará coa presenza da presidenta da Fundación Expomar, Carmela López. Ao seu remate será ofrecida unha degustación de Peixe de Burela, que está patrocinada pola Consellería do Mar da Xunta de Galicia.
A XX Feira Expomar celebrarase en Burela do 7 ao 10 de maio.
A segunda edición do Torneo de Reis de Baloncesto Infantil Concello de Burela disputarase os días 3 e 4 de xaneiro, este venres e sábado.
O Concello de Burela anuncia: “non perdas esta cita imprescindible para desfrutar do baloncesto infantil en categorías masculina e feminina. Non faltes! Comeza o ano con deporte, emoción e moita enerxía!”.
Burela celebrará unha Festa de Fin de Ano na madrugada deste mércores, día 1 de xaneiro.
O Concello de Burela convida á veciñanza a súa Festa de Fin de Ano na Praza da Mariña: “celebraremos a chegada do 2025 de 0:30 a 5:30 horas, en compañía da música do dúo D'Vicio. Haberá carpa e a barra do bar estará xestionada polos socios e socias de ACIA Burela”.
Burela acolle o novo espectáculo dos Bolechas, titulado Cantares de Reis, na Casa da Cultura. Será o luns 30 de decembro ás 18:00 horas.
Está dirixido a un público familiar e a entrada é de balde.
A compañía Ubú Teatro representará a obra titulada O vixilante dos soños en Burela este sábado, día 28 de decembro. Será ás 18:00 horas na Casa da Cultura, con entrada libre.
É unha representación para público familiar a partir de 3 anos de idade con este argumento: “desde pequeno Sonólicus quere chegar á lúa. Busca no reflexo das pozas e dos espellos, sube ás caixas esmoreadas e aos tellados, e tantos esforzos fai por conseguilo e tanto estira os brazos cara á lúa que lle medran ata a deformidade. O seu empeño semella unha fantasía infantil da que a nai é testemuño. Unha noite acaba de medrar e non só acada o seu obxectivo de acompañar á lúa senón que se converte apra sempre no vixiante do sono e dos soños infantís”.
La Organización de Productores Pesqueros del Puerto de Burela aprovechó el acto del pasado martes en la Casa de Galicia en Madrid para presentar oficialmente la nueva edición de su tradicional calendario, que en los próximos 12 meses volverá a estar dedicado a los “12 Pescados Capitales” de Burela.
La tintorera, la bertorella, la caballa, el jurel, la cabra de altura (gallineta), la sardina, el bonito del norte, la merluza del pincho, la palometa roja, el pez espada, el mero y el besugo son las 12 especies elegidas para la última acción promocional y divulgativa del año 2024.
Desde el Puerto de Burela se vuelve a promocionar así el consumo de pescado como una de las bases fundamentales de una vida saludable, acompañando cada mes con la imagen de uno de estos “pescados capitales” de la lonja de Burela, que además...
leer másBurela acollerá, na Praza da Mariña, un novo concerto de presentación de 'Basal', o novo álbum da cantautora galega Ugia Pedreira. O concerto da artista, tamén coñecida como A Pedreira, terá lugar nunha carpa que será instalada na praza o día 27 de decembro, venres, ás 20:30 horas. A entrada será libre e de balde.
A cantante, natural de Vilaronte, Foz, define este espectáculo como “sensorialmente amable” e nel mestura influencias do folk, o jazz e o rock entre outros estilos, como é habitual na súa traxectoria. Estará acompañada no escenario por Mauricio Caruso á guitarra, Alejandro Vargas ao piano e ao sintetizador e Lorena Cachito á batería e á percusión, ademais de nos coros.
'Basal' é, en palabras da artista, “unha obra que conecta música, psicoloxía, territorio e corpo-casa”. Trátase do seu segundo traballo...
leer másBurela acolle, na Casa da Cultura, a representación do musical 'La Isla de Maui', tributo a 'Vaiana'. Esta obra da compañía OnBeat Producciones rende homenaxe á película de Disney con música, maxia, baile e moito máis. Será este domingo, día 22 de decembro, ás 17:00 horas. O espectáculo está dirixido a un público infantil e familiar.
As entradas están a venda en Bazar de Tere, Salitre Burela e na web...
leer másEste sábado, día 21 de decembro a Coral Polifónica de Burela ofrecerá pequenos concertos de panxoliñas en distintos lugares da súa localidade: ás 19:00 horas no exterior da igrexa de Vila do Medio, ás 19:45 no exterior da igrexa parroquial e ás 20:30 horas na carpa instalada na Praza da Mariña.
“Estaremos poñendo un pouquiño de ambiente de Nadal coas nosas panxoliñas, así que convidámosvos a saír á rúa, dar un paseíño e participar destes ratiños de música”, anuncia a Coral Polifónica de Burela.