Rosalía
O Concello de Burela celebrará, este venres 21 de febreiro, a vida e a obra de Rosalía de Castro, con motivo da conmemoración do seu aniversario o 23 de febreiro.
O acto terá lugar a partir das 11:00 no auditorio da Casa da Cultura de Burela, coa participación dos centros educativos públicos do municipio.
Para comezar, a cativada da Escola Municipal de Música de Burela e dos colexios CEIPP Vista Alegre e o CEIPP Virxe do Carme interpretará cancións que musican textos da célebre escritora galega co fío condutor da súa vida.
Logo será a quenda dos centros de secundaria, na que os rapaces e rapazas dos IES Perdouro e do IES Monte Castelo lerán diversos textos de Rosalía, así como un manifesto a prol da lingua galega.
Pola tarde celebrarase unha maratón de lectura de...
leer másO Concello de Viveiro homenaxeará a Rosalía de Castro o día 22 de febreiro, sábado, no Teatro Pastor Díaz. O evento comezará ás 20:30 horas e terá entrada de balde ata completar aforo. Tratarase dun espectáculo multidisciplinar que combinará música, proxeccións e recitacións de poesía da autora. Correrá a cargo de Rafa Fernández (guitarra e composicións), Lara Dopazo (voz) e Iván Torrres (visuais).
“Dende Viveiro sempre celebramos á musa das letras galegas, para nós é referente tanto a nivel cultural como a nivel de muller que mudou as cousas dende un prisma feminista”, afirma a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega. Engadiu que “toda a xente que queira fotografarse con Rosalía ese día e subilo ás redes ten dispoñible o mural que temos na Biblioteca Pública Municipal, e así pode aproveitar o día para coller tamén un...
leer másEste martes, 2 de xullo, inaugurouse en Burela a exposición “A Casa de Galicia. 50 anos da casa de Rosalía”, sobre a restauración e musealización da Casa da Matanza de Padrón, onde Rosalía de Castro pasou os últimos anos da súa vida. A Praza do Concello o acollerá ata o vindeiro 15 de xullo a mostra, con reproducións de documentos, fotografías e textos que repasan a historia da casa e do esforzo colectivo -de institucións culturais, intelectuais e persoas anónimas- que impulsou a súa apertura como museo en xullo de 1971, con achegas de miles de galegas e galegos, no país e no exilio.
A deputada de Cultura, Iria Castro, e o deputado de Rural, Mar e Mocidade, Daniel García, acompañados polo tenente de alcalde de Burela, Mario Pillado, e pola concelleira de Cultura, Lina Gómez, inauguraron a mostra, que chega a Burela no marco dunha...
leer másA agrupación cultural Francisco Lanza celebra o Día de Rosalía en Ribadeo cun recital este venres, 23 de febreiro, ás 19:30 horas. O acto será nas Catro Rúas, xunto ao mural de Rosalía, pero trasladarase ao Teatro se o tempo o aconsella.
“Comezamos de novo o ciclo anual de actividades. E de novo imos celebrar o Día de Rosalía. Súmate a este sinxelo, fermoso e emotivo acto. Agardámoste este venres 23, ás 19:30 horas, nas Catro Rúas, xunto ao mural de Rosalía. Ímoslle poñer voz á imaxe de Rosalía. Ímoslle dar vida aos seus poemas! Imos facer que volva a primavera”, anuncia a agrupación cultural Francisco Lanza.
A asociación cultural e recreativa Fervenza de Sargadelos conmemorará o Día de Rosalía con varias actividades que organizan para este domingo, día 25 de febreiro. Serán no Café Bar Cultural A Sacabeira, de Sargadelos.
A partir das 12 horas haberá degustación do Caldo de Gloria. E ás 17:00 horas Andrea Nunes Brións e Ánxela Lema París presentarán o seu libro “O cento voando. Amores, alianzas e non-monogamias”.
O Concello de Viveiro únese á celebración este mércores, 21 de febreiro, do Día Internacional da Lingua Nai, e do Día de Rosalía o venres 23 de febreiro. Por este motivo o Concello de Viveiro anuncia o sorteo de 3 lotes de libros. Poderán participar todas as persoas que acudan o venres 23 a retirar un libro da Biblioteca Municipal ou a facerse socios ou socias da mesma. Haberá un lote de libros para público infantil, outro para público xuvenil, e outro para público adulto.
“Dende a Concellería de Cultura animamos a toda a veciñanza a celebrar estes días tan importantes para Galicia e a cultura galega, reivindicando a nosa lingua e a unha das súas figuras máis relevantes, Rosalía de Castro", sinala a concelleira de Cultura en Viveiro, Lara Fernández Fernández-Noriega.
O Concello de Foz celebra o Día de Rosalía este venres, 23 de febreiro, cunha representación teatral familiar con monicreques titulada A viaxe de Rosalía.
A concelleira de Cultura, Inés López Couto, explica que “o 23 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía, esa data na que veu ao mundo a nosa poetisa emblema, un símbolo desa Galicia que loita cada día. Queremos que os máis pequenos medren coñecendo a súa terra, a súa historia e as mulleres fortes que a forman e a formaron”.
A viaxe de Rosalía é unha obra con monicreques que conta a traxectoria vital de Rosalía. Da boca de Francisca, que a coidou desde nena, vamos percorrendo a súa vida cotiá e a súa obra. É unha obra familiar de 50 minutos para todos os públicos. Será este venres 23 na Casa da Cultura ás 18:30 horas. A entrada é gratuíta.
... leer másCo motivo da celebración do Dia de Rosalía este venres, 23 de febreiro, as concellerías de Educación e de Cultura do Concello de Burela organizan un maratón de lectura que se celebrará no Salón de Plenos.
A xornada dividirase nunha quenda de mañá, de 10:00 a 14:00 horas, na que participarán os rapaces e as rapazas dos centros educativos, e unha quenda de tarde, a partir das 16:00 horas, na que participarán outras entidades e público xeral.
A única premisa do maratón será a lectura de textos en galego, de libre elección polos lectores que se animen a participar.
“Ademais, realizaremos unha selección de poemas de Rosalía para que o público xeral poida desfrutalos neste maratón, abrindo así a nosa biblioteca municipal a toda a veciñanza e achegando a cultura galega”, sinala a concelleira de...
leer másEste próximo sábado, 24 de febreiro, ten lugar unha efeméride moi importante no calendario galego: o Día de Rosalía de Castro, a escritora máis representativa das nosas letras.
Para conmemorar esa data, desde o Concello de Cervo, organizan o concurso Versos de Rosalía.
Desde o Concello indican: “envíanos os dous versos que máis che gusten da escritora no formato que desexes (fotografía, debuxo, vídeo, audio, texto...). Valorarase a orixinalidade. Establécense dúas categorías: sénior e xuvenil, con tres premios en cada unha delas. Fainos chegar as túas creacións antes das 17:00 horas do 24 de febreiro ao correo prensa@concellodecervo.com ou por whatsapp ao 683 31 59 39. Recorda incluír o teu nome e apelidos, idade, teléfono e lugar de procedencia. Os/as gañadores/as...
leer másNesta mostra repásase a historia deste museo, lembrando o fito que supuxo conseguir mercar, restaurar e musealizar esta casa en pleno franquismo grazas á colaboración de milleiros de persoas.
A mostra, cuxa inauguración prevista a principios de novembro tivo que ser adiada pola situación meteorolóxica, está comisariada por Pepe Barro, tamén responsable da museoloxía da Casa-Museo. E está apoiada pola Deputación de Lugo.
A Casa-Museo abriu ao público o 15 de xullo de 1971, grazas á implicación de milleiros de persoas e entidades de todo o país e da emigración. A partir da proposta de José Manuel Rey de Viana organizáronse colectas en moitas vilas e en case todos os centros galegos na diáspora, uníronse máis de 70 concellos, varios bancos, equipos de fútbol e innumerables asociacións de todo o país.
... leer más- 1
- 2
- 3
- 4
- siguiente ›
- última »