Burela

29/11/2024

A Sociedade Cultural Recreativa Musical Ledicia está celebrando o 50 aniversario súa fundación e anuncia que “continuando cos actos conmemorativos este domingo, día 1 de decembro, ás sete da tarde ofrecerase unha misa na honra das persoas socias, colaboradoras e familiares que finaron ao longo destes anos. Convidamos a participar a tódalas persoas que así o desexen”.

Ledicia engade: “aproveitamos para agradecer o agarimo recibido nestes días e anunciar que o vindeiro 27 de decembro terá lugar un concerto de panxoliñas na igrexa de Vila do Medio”.

28/11/2024

O Concello de Burela informa de que as entradas para as dúas funcións de 'Somos criminais e punto final' están case esgotadas. O novo espectáculo de Carlos Blanco e Xosé A. Touriñán chegará á Casa da Cultura de Burela este sábado, día 30 de novembro, ás 20:30 e ás 23:00 horas.

As derradeiras entradas dispoñibles poden ser adquiridas na web ataquilla.com.

Etiquetas:
27/11/2024

O Concello de Burela convida á veciñanza a participar neste obradoiro de decoración de Nadal en cunchas impartido por Teresa Esra. Trátase dunha actividade de balde, dirixida a persoas de todas as idades. Terá lugar o luns 2 de decembro de 17:30 a 20:00 horas.

As persoas participantes aprenderán a decorar unha cuncha e poderán levala para a casa ao finalizar a actividade.

Para inscricións e máis información as persoas interesadas deben ir á Casa do Concello de Burela.

Etiquetas:
26/11/2024

A Fundación Expomar volve poñer en valor a importancia da cultura mariñeira de Burela coa celebración do segundo “Día do Orgullo Mariñeiro”, que volverá combinar o próximo xoves 5 de decembro a divulgación nas escolas, a exaltación da cultura mariñeira e a gastronomía do mar para chegar a tódolos públicos.

“Despois do éxito da primeira edición, este ano mantemos a mesma estrutura da xornada, pero engadindo a participación da hostalería de Burela para que a festa chegue cada vez a máis xente”, asegura a presidenta da Fundación Expomar e alcaldesa de Burela, Carmela López.

“Orgullo Mariñeiro nas Escolas”
O día comezará de novo nos comedores escolares de oito colexios públicos da Mariña Lucense, onde máis de 700 nenos e nenas comerán ese día filetes de “Merluza de Burela” nos seus menús.

... leer más
Etiquetas:
26/11/2024

O Concello de Burela anuncia que o Mercado de Nadal 2024 contará cun total de 35 postos. Terá lugar este sábado, día 30 de novembro na carpa instalada na Praza da Mariña, e estará aberto cun horario de 10:30 a 21:00 horas.

O Mercado de Nadal é unha iniciativa do Concello de Burela que “ten como obxectivo fomentar o comercio local e dar visibilidade ao traballo de artesáns e emprendedores da comarca”. A concelleira de Cultura, Lina Gómez Pardo, afirma que “este mercado non só apoia aos nosos comerciantes e artesáns senón que tamén crea un ambiente único e máxico que nos achega á esencia do Nadal. Dende o Concello convidamos a toda a veciñanza todos a que veña e disfrute desta xornada tan especial”.

21/11/2024

Dicía un mestre meu que para saber hai que ver ou ler. Esta afirmación adáptase perfectamente á actividade deportiva do sendeirismo, que obriga a combinar lectura e visión. Lectura para ter información sólida das distintas rutas que conforman un programa anual e visión para sentir a proximidade da natureza con todo o que esta ofrece.

“Pasada das Cabras” nace no ano 2004 coa vocación de motivar a poboación de Burela na práctica deportiva, adaptada para todas as idades, que favoreza a socialización, a valoración e compromiso co medio ambiente, a etnografía, o coñecemento de lugares singulares e a sensación óptima de compartir experiencias. Iso si, notando os beneficios dun deporte que estimula o físico e tamén o mental.

Nestes vinte anos de andaina acumulamos miles de quilómetros que repartimos pola xeografía...

leer más
Etiquetas:
19/11/2024

O Concello de Burela organiza actividades os días 24 e 25 de novembro, domingo e luns, con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia Contra as Mulleres.

O domingo 24 ás 11:00 horas comezará a III Andaina contra a violencia de xénero, que será unha ruta circular de sete quilómetros con saída e chegada na Praza do Concello.

E o luns 25 de novembro ás 12:00 horas na Praza do Concello haberá a lectura do manifesto institucional, frases contra a violencia e unha mesa informativa do CIM. E ás 12:30 horas representarase a obra de teatro titulada "O soño de Adelina" na Casa da Cultura.

Etiquetas:
19/11/2024

A compañía de teatro Excéntricas presenta a obra titulada “O auto do Castromil” este venres, día 22 de novembro. Será na Casa da Cultura ás 21:00 horas con entrada libre.

O Concello de Burela anuncia que “con este proxecto Excéntricas gaña o III concurso que convoca a fundación Manuel María e que recibe o apoio de máis de corenta concellos e institucións de Galicia. O espectáculo é protagonizado por un luxoso elenco: Rocío González, Víctor Mosqueira, Marcos Orsi e Patricia Vázquez, que xa teñen conformado compañía en anteriores proxectos de Excéntricas. A obra acontece nunha viaxe onírica abordo dun coche de liña. Os viaxeiros dormen e talvez o condutor. As maletas e demais bagaxes amotínanse, cobran vida e repasan unha curiosa historia de Galicia, combaten a nosa amnesia conxénita usando autos populares e farsas do autor chairego. Nelas...

leer más
17/11/2024

"Historia de un marinero" se compone de una serie de 27 dibujos realizados a plumilla, que representan a modo de poesía visual, la vida de la gente del mar a través de los ojos de un marinero y percebeiro. La intención de esta exposición, según explica la autora, en primer lugar es realizar un homenaje a todos aquellos hombres y mujeres que entregaron y entregan su vida a diario  a uno de los oficios más nobles y antiguos... el mar.

Complementando dicho homenaje, "Historia de un marinero" pretende dar relevancia a la importancia de dar valor a los pequeños detalles. Aquello que a veces es invisible y pasa desapercibido a los ojos solo necesita observarse desde el corazón para ser hallado.

Acompañando a las 27 ilustraciones que conforman la historia habrá además una serie de grabados de percebes y cornos y en...

leer más
Etiquetas:
11/11/2024

Para este sábado, día 16 de novembro, está organizada unha andaina contra a violencia de xénero desde Burela a San Ciprián.

“Este próximo sábado súmate á Andaina contra a Violencia de Xénero organizada por Mujeres en Igualdad Provincial de Lugo-BUMEI coa colaboración do Concello de Cervo. A ruta partirá da Praia da Marosa, en Burela, ás 10:30 horas, e rematará na Praza Nardo Martínez, en San Ciprián. Camiña 8 quilómetros pola igualdade!”, anuncia o Concello de Cervo.

Ao finalizar haberá pinchos e autobús de volta ao punto de partida.

Para participar hai que inscribirse previamente e o prazo remata o 13 de novembro.